... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

27 dic 2010

26 dic 2010

15 dic 2010

Librería Couceiro



Mentres un grupo ía á Colección Zanchi outro visitaba a Libraría Couceiro permitíndonos,deste modo, optimizar recursos.

Na libraría tivemos a posibilidade de ver, tocar, ulir, ler, mirar... todo tipo de libros da sección infantil.
Suso amosounos o obradoiro de encadernación artesanal onde restauran libros antigos. Explicounos o proceso que teñen que seguir, mostrounos os aparellos necesarios para facelo así como a pel para encadernar. Poidemos tocar, con moito coidado, o libro máis antigo da librería....

Non podiamos pasar sen mirarmos pola ventá á Praza de Cervantes.

10 dic 2010

Visita á Fundación Caixanova. Santiago

Virxe do colo longo Parmigianino (1503-1540) 

Alumnado dos niveis de catro e cinco anos no mes de novembro  realizaron unha visita guiada a "Colección Zanchi. Grandes mestres" na Fundación Caixanova de Santiago.



Tiveron a posibilidade de ver pezas excepcionais pertencentes ao Renacemento e ao Barroco italiano, así como pintura flamenga e holandesa do século XVII, e enriquecida coa inclusión de destacados mestres doutras escola europeas. A exposición  mostra obras de Durero, Tizziano, Rubens, Tintoretto, Michelangelo, Turnes, Andrea Mantegna Murillo ou Ribera, Parmigianino entre outros.




4 dic 2010

Saída a alameda

O alumnado de 3 anos no mes de novembro foron a Alamenda de Santiago para poder observar en todo o seu esplendor o outono.