... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 abr 2011

Exposición de libros "antigos"


libros antigos - diapositivas


O Equipo de Actividades Complementaria argallou unha exposición de libros "antigos" coa colaboración de toda a  comunidade educativa.
Na exposición figuraban interesantes libros de literatura infantil en galego.

26 abr 2011

Exposición "Entroido na Ulla"







A colaboración de diferentes asociacións (Bandeira do concello de Silleda, Vea do concello da Estrada e Bama do concello de Touro) que dan vida ao Entroido nos seus concellos permitiunos realizar unha exposición bastante completa sobre o Entroido na Ulla, con traxes, adobíos e fotografías.
Mención especial á familia de David pola súa entusiasta participación tanto na aportación de material particular ( vídeos, fotografías, complementos...) como pola información proporcionada.
A Biblioteca Municipal do Milladoiro proporcionounos abundante material bibliográfico para complementar a exposición.

14 abr 2011

O lerias do meco



















Ao longo da semana de Entroido, o MECO coas súas lerias foinos indicando como nos tiñamos que vestir cada día.

Aquí deixamos unha pequena mostra da participación cos zapatos.