... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

27 abr 2012

Limoeiro


Paula (5 anos) fainos partícipes deste precioso e produtivo limoeiro.
Grazas Paula e familia.


O Equipo de Dinamización Lingüística agradece todas as colaboracións e anima a que todas as familias seguir participando.

26 abr 2012

O meu libro favorito


No corredor principal exponse a selección dos libros favoritos do alumnado.



Esta actividade proposta polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística foi recollida polas titorías con excelente resultado.


Toda a Comunidade Educativa ten a oportunidade de ver e disfrutar esta variada selección de libros.

23 abr 2012

Os ríos da vida


"ABRIR UN LIBRO E DEIXARSE LEVAR POLA FERVENZA DE VOCES, DE LINGUAS, DE RECENDOS, DE PAISAXES... UNHA MAXIA SECRETA E INESGOTABLE, QUE A NÓS NOS CORRESPONDE DESCUBRIR".



Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro - 2012, edítase un marcapáxinas que inclúe un texto-agasallo de Agustín Fernández Paz, OS RÍOS DA VIDA, escrito para esta ocasión por un dos autores más lidos por grandes e pequenos no noso país, e recoñecido a nivel internacional. 


Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas. Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desesperode sentirse só entre ríos de xente; o nacemento dunha persoa, a morte doutra; os seres máxicos e os deuses terribles… Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir. 

 Agustín Fernández Paz, 2012



                  Open publication - Free publishing - More dia-do-libro