27 dic 2010

Tarxeta de felicitación de nadal

 

Tarxeta de felicitación de nadal seleccionada entre todo o alumnado participante.
Posted by Picasa

26 dic 2010

Exposicións postais

postais - foto montaxe

   O alumnado realizou unha felicitación, aquí podemos ver unha pequena mostra.

24 dic 2010

Decoración de nadal

decoración nadal - foto montaxe

No mes de decembro a escola decorouse de acordo co nadal

15 dic 2010

Librería Couceiro



Mentres un grupo ía á Colección Zanchi outro visitaba a Libraría Couceiro permitíndonos,deste modo, optimizar recursos.

Na libraría tivemos a posibilidade de ver, tocar, ulir, ler, mirar... todo tipo de libros da sección infantil.
Suso amosounos o obradoiro de encadernación artesanal onde restauran libros antigos. Explicounos o proceso que teñen que seguir, mostrounos os aparellos necesarios para facelo así como a pel para encadernar. Poidemos tocar, con moito coidado, o libro máis antigo da librería....

Non podiamos pasar sen mirarmos pola ventá á Praza de Cervantes.

10 dic 2010

Visita á Fundación Caixanova. Santiago

Virxe do colo longo Parmigianino (1503-1540) 

Alumnado dos niveis de catro e cinco anos no mes de novembro  realizaron unha visita guiada a "Colección Zanchi. Grandes mestres" na Fundación Caixanova de Santiago.



Tiveron a posibilidade de ver pezas excepcionais pertencentes ao Renacemento e ao Barroco italiano, así como pintura flamenga e holandesa do século XVII, e enriquecida coa inclusión de destacados mestres doutras escola europeas. A exposición  mostra obras de Durero, Tizziano, Rubens, Tintoretto, Michelangelo, Turnes, Andrea Mantegna Murillo ou Ribera, Parmigianino entre outros.




4 dic 2010

Saída a alameda

O alumnado de 3 anos no mes de novembro foron a Alamenda de Santiago para poder observar en todo o seu esplendor o outono.

30 nov 2010

Visita á Biblioteca Municipal do Milladoiro


No mes de novembro, o alumnado de cinco anos c, comezou coas as visitas á Biblioteca Municipal do Milladoiro.

28 nov 2010

Samaín





Coa chegada do outono veñen as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise o calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume; son os tempos do Samaín. Rafael López.



Exposición realizada coa colaboración de toda a Comunidade Educativa.

20 nov 2010

Magosto


O 11 de novembro celebramos o magosto na escola, coincidindo co día de San Martiño.

19 nov 2010

Día do peón


Aprendimos a xogar ao trompo cos nosos avós e as nosas avoas 


16 nov 2010

Avós e avoas na escola



A que xogaban os nosos avós e as nosas avoas? ...

O día do magosto foi  unha xornada de xogos populares: carozos, chapas, buxainas... Os avós e as avoas viñeron ensinarnos como se xoga.






15 nov 2010

Xogamos





Carteis ilustrativos invitando a participar en diferentes xogos tradicionais.
-


20 oct 2010

Xogos tradicionais


Este  díptico recolle unha pequena selección de xogos tradicionais apropiados para a idade do noso alumnado.
Este sinxelo documento foi remetido ás familias para a súa consulta.

19 oct 2010

Presentación


O Equipo de Dinamización Lingüísta do centro ven de realizar este blog para poñer en valor as actividades realizadas por toda a comunidade educativa en prol da normalización do noso idioma.