No mes de Abril o alumnado de 4 e 5 anos visitamos a
Aula da Natureza do concello de Ames, situada na parroquia de Ameixendas. Alí puidemos ver a exposición "
O ecosistema fluvial", dentro do programa
"Coñece a túa aula".
Observamos no exterior unha pequena horta, o espazo de herbas aromática, diferentes árbores frutais, pequenas placa solares etc . Logo vimos paneis con fotografías de fauna e flora existente nos ríos, e coñecemos os problemas ambientais derivados da contaminación destes fráxiles ecosistemas.
A mostra foi cedida pola estación de hidrobioloxía " Encoro do Con" da Universidade de Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario