O alumnado de 3c realizou esta pequena montaxe para homenaxear á poetisa
Rosalía de Castro, no seu aniversario.
O 24 de febreiro é o Día de Rosalía, o
Concello de Ames vai celebrar este acontecemento.
Este ano a conmemoración do Día de Rosalía de Castro comezará ás 18:00 horas e desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro. Contará coa lectura pública de varios poemas da escritora por parte de representantes de distintos ámbitos culturais e sociais do municipio.
Da homenaxe musical encargaranse os artistas Roi Casal e Silvia Ferre, a través dun recital de arpa e voz no que incluirán cancións con poemas musicados de Rosalía de Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario