1 dic 2014
18 nov 2014
15 nov 2014
11 nov 2014
10 nov 2014
Tragamedos
Na escola temos un Tragamedos que lle encanta xantar todos os medos das nenas e dos nenos.
Para que queremos nós os medos, mellor agasallémosllos ao Tragamedos
6 nov 2014
5 nov 2014
Día da ciencia en galego
Neste día da ciencia en galego nace coa intención de poñer en valor o uso do galego no ámbito científico e de contribuír a promover a investigación desenvolvida na nosa lingua.
A investigación científica e a súa divulgación, incluída tamén a das humanidades, son piares básicos para o progreso da sociedade. A lingua galega debe incorporarse naturalmente, con plena validez e normalización como vehículo para a transmisión social deses avances no coñecemento nas diferentes áreas.
O pasado mes de maio o Consello da Cultura Galega facía públicas as conclusións da xornada “Escribir de Ciencia en galego”, nas que diversos especialistas debuxaron unha diagnose sobre a divulgación, a comunicación e a formación científica en relación coa lingua galega, campos nos que queda aínda camiño por percorrer.
31 oct 2014
Samaín
"NO SAMAÍN" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
24 oct 2014
Día da Biblioteca
Vídeo realizado no Obradoiro de Audiovisuais (grupo infantil) que tivo lugar os sábados 11 e 18 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de Narón
23 oct 2014
21 oct 2014
Ponte Maceira
Na parroquia de Agrón. Sobre o río Tambre.
A ponte ten cinco ollos principais, o do centro é apuntado e os catro restantes de medio punto cun acusado peralte e rompeaugas en punta de diamante. O pretil é de mampostería con albardiña plana elevada no centro, coincidindo co ollo apuntado.
Popularmente, dise que é unha ponte romana aínda que os historiadores sinalan que foi erguida no século XIV por mandato da Mitra Compostelá e reconstruída no XVIII, a pesar de que a súa base poida ser romana.
Lenda:
Popularmente, dise que é unha ponte romana aínda que os historiadores sinalan que foi erguida no século XIV e reconstruída no XVIII, a pesar de que a súa base poida ser romana. Contan que a ponte se derrubou cando os soldados romanos perseguían os discípulos de Santiago, que pediran un lugar digno para enterrar o seu mestre, entón as augas se abriron para facilitar a fuxida dos que se consideraban elixidos de Deus e logo arrastraron os romanos río abaixo.
18 oct 2014
Pontes do Concello de Ames. Ponte romana de Augapesada
A ponte sobre o regato de Augapesada ten un ollo central de medio punto e cadrado semienterrado.
O pavimento está formado de lousas de pedra voadas cara os laterais da ponte e sobre estes, hai un pretil formado de lousas de pedra colocadas a ambos lados.
A ponte quebra na vertical do centro do río formando dúas pendentes, que descenden cara cada marxe do regato.
Fotos
O pavimento está formado de lousas de pedra voadas cara os laterais da ponte e sobre estes, hai un pretil formado de lousas de pedra colocadas a ambos lados.
A ponte quebra na vertical do centro do río formando dúas pendentes, que descenden cara cada marxe do regato.
Fotos
9 oct 2014
De ponte a ponte. Recorremos Galicia
Este curso imos comezar un novo proxecto de investigación baseado nas pontes de Galicia.
A ponte é construción que se fai sobre os ríos, foxos etc., para unir os dous lados e poder así atravesalos.
Solicitamos a súa colaboración.
26 jun 2014
Milladoiro
Neste remate de curso dimos inicio ao que esperamos se converta nunha nova tradición: o recordo de cada promoción a través dunha intervención escultórica.
O Milladoiro, onde está a escola, é o último paso do Camiño Portugués antes da chegada a Compostela.
De feito o nome desta localidade dise que vén de:
- Da derivación de “humilladoiro”, lugar onde os peregrinos se postraban perante a visión no horizonte das torres da catedral tras un longo e dificultoso camiño.
- Hai quen di que de “miradoiro”, lugar desde onde se avistaba Compostela.
- Milladoiro de pedras onde os peregrinos desde tempos ancestrais deixaban unha pedra.
A día de hoxe, ducias de peregrinos pasan por diante do centro, e mesmo entran para selar a súa credencial, sendo para o noso alumnado algo cotiá ver pasar grupos de peregrinos a pé, a cabalo ou en bicicleta, e mesmo os saúdan con alegría.
Pero poucos camiñantes saben da orixe do Milladoiro, levando a impresión de que é a típica poboación dun polígono industrial.
É non podemos esquecer que o curso pasado estivemos investigando sobre o Camiño Portugués.
25 jun 2014
23 jun 2014
Festa de fin de promoción
Celebrouse un Festival para despedir o alumnado do terceiro nivel, que remata este ano nesta escola . Houbo actuacións diversas, despedida de país e alumnado, entrega de diplomas e unha merenda de convivencia entre mestres, familias e alumnado.!
11 jun 2014
As rúas da nosa localidade
O traballo de coñecemento da propia contorna é previo a calquera outra saída didáctica que se poida facer co alumnado de infantil. Co cambio do tempo, de estación, da paisaxe e decidímonos a coñecer un pouco máis o que temos ao noso carón.
Na localidade na que traballamos, O Milladoiro moitas das rúas, avenidas e travesías levan o nome de especies arbóreas e visten as beirarrúas: Palmeiras, Rúa Figueiras, Rúa Oliveira, Rúa Xesteira, Rúa dos Cereixos, Rúa Camelias, Rúa do Buxo, Rúa das Hedras, Rúa da Pereira, Rúa Codeseira, Rúa Castiñeiras, Rúa das Espiñas …
A toponimia galega está chea de referencias ao mundo vexetal.
4 jun 2014
Liberando poemas VIII
Antón levou o seu poema á Muralla de Lugo.
Hugo e Noa quixeron compartir o seu poema.

Noa encontrou o poema na Ratiña Golosa do Milladoiro e deixauna en Ponte Maceira.
Noa encontrou outro poema no centro comercial.

E xa que estivo moi atenta, Noa, atopou outro no centro médico.
Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEMILLADOIRO
3 jun 2014
Liberando poemas VII
Jaime Fiúza dinos: "Mándovos unhas fotos do poema de Emilio Pita. Encontrino no pabellón deportivo de Os Tilos e deixeino colgado dunha oliveir na Praza da Oliveira de Santiago de Compostela. A investigar donde está esa plaza!!!.
Saúdos"
Saúdos"
Nós non imos deixar pasar este reto.
Se prememos na imaxe podemos ver a Praza da Oliveira en Google Maps.
Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO
2 jun 2014
Liberando poemas VI
José Andrés Mesías dinos: "Ola, mando dúas fotos... atopei o poema na casa de Noa, no Milladoiro e deixeino no Parque del Buen Retiro, ó lado do Palacio de Cristal en Madrid."
Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO