O luns 11, día de San Martiño, como ven sendo tradición, celebramos o magosto na escola. Disfrutamos dunha xornada moi festiva con xogos populares e degustación de castañas asadas, acompañados dalgunhas familias!
Esta semana recibimos a visita do trasno do outono, un misterioso trasno que nos deixou cestas cargadas de froitas e os corredores da escola ateigados de follas.