... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

27 may 2025

ACTUACIÓN PABLO DÍAZ E OLGA KIRK

Dentro do programa do Modo Galego, tivemos a sorte de contar coa actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk na escola. Foi unha actuación moi bonita, chea de música, que nos fixo cantar moito e desfrutar. 


22 may 2025

ROMARÍA DAS LETRAS 2025

Como cada ano, volvemos xuntarnos na Romaría das Letras, unha festa para celebrar a cultura que nos une. Entre xogos tradicionais, obradoiros e moita alegría, rendémoslle homenaxe a nosa cultura, lingua e tradición. Grazas a todas as familias, pola vosa colaboración e polo tempo compartido. 

Aquí vos deixamos uns vídeos especiais con algúns momentos da festa para que poidades revivir connosco esta celebración tan especial.




16 may 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Este ano 2025, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o 17 de maio, un día tan especial ás cantareiras, esas mulleres que transmitiron a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa música de xeración en xeración.

As cantareiras foron e seguen sendo voz da tradición galega, coas súas coplas, cantigas e melodías que nos falan da vida, do amor, da terra... Moitas veces cantaban sen instrumentos, só coas palmas ou cunha pandeireta, pero con moita forza e sentimento.

Na nosa escola quixemos renderlles homenaxe cunha exposición no corredor chamada: "SEMENTES QUE CANTAN". Cada aula escolleu unha canción tradicional galega que aprendemos e representamos.




14 may 2025

SEMENTANDO CANTARES

Con motivo do Día das Letras Galegas 2025, participamos na actividade "Sementando Cantares", organizada polo Concello de Ames.

Cada aula da nosa escola escolleu un poema ou cantiga en galego e deixámolo sementado en distintos lugares do Milladoiro: prazas, rúas, parques..., para encher o pobo de cantigas fermosas espallando a nosa lingua pola contorna.

Neste vídeo podedes ver o resultado deste traballo tan especial que fixemos con moita ilusión.