Dentro do programa do Modo Galego, tivemos a sorte de contar coa actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk na escola. Foi unha actuación moi bonita, chea de música, que nos fixo cantar moito e desfrutar.
"COA PALABRA NA BOCA"
27 may 2025
22 may 2025
ROMARÍA DAS LETRAS 2025
Como cada ano, volvemos xuntarnos na Romaría das Letras, unha festa para celebrar a cultura que nos une. Entre xogos tradicionais, obradoiros e moita alegría, rendémoslle homenaxe a nosa cultura, lingua e tradición. Grazas a todas as familias, pola vosa colaboración e polo tempo compartido.
Aquí vos deixamos uns
vídeos especiais con algúns momentos da festa para que poidades revivir
connosco esta celebración tan especial.
16 may 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Este ano 2025, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o 17 de maio, un día tan especial ás cantareiras, esas mulleres que transmitiron a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa música de xeración en xeración.
As cantareiras foron e seguen
sendo voz da tradición galega, coas súas coplas, cantigas e melodías que
nos falan da vida, do amor, da terra... Moitas veces cantaban sen instrumentos,
só coas palmas ou cunha pandeireta, pero con moita forza e sentimento.
Na nosa escola quixemos renderlles homenaxe cunha exposición no corredor chamada: "SEMENTES QUE CANTAN". Cada aula escolleu unha canción tradicional galega que aprendemos e representamos.
14 may 2025
SEMENTANDO CANTARES
Con motivo do Día das Letras Galegas 2025, participamos na actividade "Sementando Cantares", organizada polo Concello de Ames.
Cada aula da nosa escola escolleu
un poema ou cantiga en galego e deixámolo sementado en distintos lugares
do Milladoiro: prazas, rúas, parques..., para encher o pobo de cantigas fermosas espallando a nosa lingua pola contorna.
Neste vídeo podedes ver o
resultado deste traballo tan especial que fixemos con moita ilusión.
24 feb 2025
DÍA DE ROSALÍA: Ailalá... Hei de cantar!
Un ano máis homenaxeamos a Rosalía. Este ano elaboramos un mural cos versos do poema Has de cantar!, incluido no seu libro Cantares Gallegos. A partir deste realizamos o vídeo poema presentado na gala de Rosalía organizada polo Concello de Ames, hoxe luns 24 de febreiro.
A continuación deixamos o vídeo poema e unha fotografía do mural:
14 feb 2025
PECHE DO PROGRAMA: MODO GALEGO, ACTÍVAO!
O
programa modo galego actívao chega ao seu fin, pero o noso amor e orgullo pola
lingua galega segue máis forte que nunca. Ao longo destas semanas, a
través de retos e xogos, o galego estivo presente en todo momento, e os nenos e
nenas amosaron non só a súa capacidade de aprender, senón tamén a súa
implicación en facelo crecer e compartilo cada día.
Para rematar, celebramos
xuntos cun gran baile, creado polas artistas de Ames, As Maianas, que
achegaron o seu talento e nos contaxiaron de ritmo e alegría. Despedímonos do
programa, lembrando que somos os súper heroes e súper heroínas que
loitarán por salvar a nosa lingua, porque o galego é a nosa identidade. Animamos a todas as familias a seguir empregando o
galego todos os días.
O idioma é a patria e a esencia máis nosa. Manuel María
💙O GALEGO É A FORZA QUE NOS UNE 💙
LEMAS DO MODO GALEGO, ACTÍVAO!
Como podedes ver, estamos moi
orgullosos e orgullosas do galego! No último reto, o noso alumnado tivo a
oportunidade de compartir con nós as súas frases
motivadoras e lemas en galego. Todos e todas puxeron todo o seu
esforzo e creatividade para expresar a súa motivación. Aquí vos deixamos unha
pequena mostra das súas marabillosas creacións.