... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

13 dic 2013

O MAGO RAFA

TIVEMOS A SORTE DE DISFRUTAR DA ACTUACIÓN DO NOSO AMIGO O "MAGO RAFA"







FOMOS VELO Á CASA DA CULTURA, IAMOS ANDANDO MOI XUNTIÑOS


ALÍ DENTRO XA NOS SENTAMOS NAS CADEIRAS DO SALÓN E ESTIVEMOS MOI ATENTOS A TODO O QUE FACÍA O MAGO


DEIXOUNOS COA BOCA ABERTA CON TÓDOLOS TRUCOS, PERO O QUE MÁIS NOS IMPACTOU FOI O DE PINTAR  E BORRAR UN LIBRO MÁXICO!

GRAZAS MAGO RAFA POR SORPRENDERNOS UNHA VEZ MÁIS!


9 dic 2013

OBRADOIROS NA ESCOLA

OUTRO ANO MÁIS NO CENTRO CELEBROUSE
 "A SEMANA DOS OBRADOIROS"

FIXEMOS UNHA MESTURA DE AULAS,  MESTRAS, IDADES E FAMILIAS... QUE ERA BEN DIFÍCIL SABER ONDE ESTABAMOS E QUEN ERAMOS!!!
 PERO SOUBEMOS RESOLVER PERFECTAMENTE!

OS OBRADOIROS ERAN:

- COCIÑA
ELABORAMOS TURRÓN DE CHOCOLATE E TRUFAS!!


- POSTAIS
FIXEMOS TARXETAS DE NADAL PARA FELICITAR AS FESTAS AS NOSAS FAMILIAS

- ADOBÍOS
CONSTRUÍMOS MOITOS ADOBÍOS PARA DECORAR O CENTRO E LOGO PARA POÑER NAS CASAS




XA ESTAMOS DESEXANDO QUE SE VOLVAN REPETIR

MOITÍSIMAS GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN! TANTO APORTANDO MATERIAL PARA TRABALLAR COMO AXUDANDO DENTRO DAS AULAS.
ESPERAMOS TER A MESMA COLABORACIÓN O PRÓXIMO CURSO!!

NO SEGUINTE ENLACE RECÓLLENSE ALGÚNS MOMENTOS DOS VIVIDOS NESTA SEMANA:


19 nov 2013

Magosto

As familias colaboraron para que esta xornada estivese chea de xogos.

Aquí deixamos unha pequena mostra:
















Moitas  grazas familias.



















20 jun 2013

Un percorrido polo Camiño Portugués



O noso milladoiro

Realizouse un pequeno tramo do camiño que pasa polo centro  e realizouse unha pequena intervención con pedras creando o noso “milladoiro”.







Preparouse unha credencial da peregrinación, para realizar un pequeno tramo  co alumnado de tres anos.


Algunhas plantas no Camiño Portugués

A esta planta chámolle estalotes mais ten unha multitude de nomes en galego derivados da forma das flores, da época na que florece e, sobre todo, formas onomatopéicas do ruído que fan ao estalar as flores coas as mans. Pódense coñecer como dixital, estraloque, estralos, abeluria, borleta, dedaleira, milicroque, sanxoán, e outros moitos que podedes ver aquí.