... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 may 2011

Exposición: como, que, onde, cando les?






Con motivo da celebración do Día do Libro Equipo de Tics organizou unha exposición de fotografías que recollían os lugares nos que se le e as posturas que se adoptan.



17 may 2011

As palabras máis fermosas



Con motivo das Letras Galegas buscamos , con axuda das familias, as palabras máis fermosas da lingua galega . Atopamos 300 palabras que, decoradas, figuran na nosa exposición: axóuxere, bolboreta, orballo, ceo, fogar, terra, agarimo, caravel, xoaniña ...Tamén mestra...


15 may 2011

Eu escribo en galego



Agasallo recordatorio da importancia de escribir en galego para a comunidade educativa na Semana das Letras Galegas.

3 may 2011

Praza de Abastos



O alumnado de 4 e 5 anos organizados en diferentes mércores e por aulas visitamos, no mes de abril, a Praza de Abastos de Compostela.
Mestras un grupo ía a Biblioteca Anxel Casal outro visita o mercado, deste modo optimizamos recursos (o autobús resulta carísimo).
O guía José ao chegar dounos unha moeda que tiñamos que conservar ata o final da visita. Invitounos a coñecer os diferentes postos e a súa mercadoría. Mostrounos como funciona a praza, coñecimos os seus traballadores/as, e os diferentes servizos que ofrece aos seus clientes ( empaquetado ao vacío, servizo de custodia da compra e envío a casa....
Ao final mercamos unha froita coa moeda, algunha delas perdéranse mais non houbo problema, todo o alumnado elixíu a súa froita preferida.
Agasalláronnos cun receitario de cociña para cada familia.


2 may 2011

Aula da Natureza

               aula da natureza - presentacion imagenes

No mes de Abril o alumnado de 4 e 5 anos visitamos a Aula da Natureza do concello de Ames, situada na parroquia de Ameixendas. Alí puidemos ver a exposición "O ecosistema fluvial", dentro do programa "Coñece a túa aula".
Observamos no exterior unha pequena horta, o espazo de herbas aromática, diferentes árbores frutais, pequenas placa solares etc . Logo vimos paneis con fotografías de fauna  e flora existente nos ríos, e coñecemos os problemas ambientais derivados da contaminación destes fráxiles ecosistemas.
A mostra foi cedida pola estación de hidrobioloxía " Encoro do Con" da Universidade de Santiago.