... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

27 feb. 2013

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro enmarcámola no Camiño Portugués na literatura.

Rosalía de Castro

-->
O día 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro. 
Coñecemos a Rosalía de Castro:
  • Naceu en Santiago de Compostela no ano 1837.
  • Escribiu poesías e novelas.
  • Escribiu en lingua galega e en castelán.
  • Rosalia ata que cumpriu os oito anos viviu nunha aldea de Castro de Ortoño, no noso concello, Ames.
  • Despois viviu en Santiago de Compostela.
Lemos a poesía " Adiós ríos, adiós fontes..." recollida no seu libro " Cantares gallegos".
Fixemos un debuxo do que máis nos gustou, e esas son os debuxos.

 ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES

Alumnado de 4 anos E, aula 2

Rosalía de Castro é unha figura imprescindibles do "Camiño Portugués na literatura".

22 feb. 2013

Adiós ríos, adiós fontes


O alumnado de 3c realizou esta pequena montaxe para homenaxear á poetisa Rosalía de Castro, no seu aniversario.
O 24 de febreiro é o Día de Rosalía, o Concello de Ames vai celebrar este acontecemento.
Este ano a conmemoración do Día de Rosalía de Castro comezará ás 18:00 horas e desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro. Contará coa lectura pública de varios poemas da escritora  por parte de  representantes de distintos ámbitos culturais e sociais do municipio.
Da homenaxe musical encargaranse os artistas Roi Casal e Silvia Ferre, a través dun recital de arpa e voz no que incluirán cancións con poemas musicados de Rosalía de Castro.

21 feb. 2013

Domus


No primeiro trimestre, o alumnado de cinco ano visitou Domus, museo interactivo adicado ao ser humano, e a Torre de Hércules.


Se premedes na imaxe podedes ver a experiencia en imaxes do alumnado de 5 anos C. Esperemos que vos guste.

A vaca Connie


Premendo na imaxe tedes acceso a diferentes xogos e contos.

8 feb. 2013

O camiño Portugués


 Ao longo de todo o curso desenvolvemento o “Camiño Protugués” dado que o Milladoiro é un lugar privilexiado deste camiño e podemos situar a escola nesta ruta de peregrinación.
Cómpre recordar que o topónimo Milladoiro parece ter a súa orixe en “humilladero”; desde aquí os peregrinos xa podían ver as torres da catedral de Santiago, algo que tras as penurias da viaxe os facía postrarse (humillarse). Tamén, ao igual que en moitos outros lugares, alude ao lugar onde os peregrinos depositaban unha pedra que traían consigo desde os seus puntos de orixe.
Trátase de converter esta circunstancia nunha oportunidade de aprendizaxe real, de que antes de chegar a Santiago, os peregrinos/as deixen a súa pedra, a súa pegada persoal no centro.
Este proxecto desenvolverase en diferentes ámbitos culturais implicando a todo a toda a comunidade educativa: arquitectura, literatura, artes plásticas (pintura, debuxo e escultura), música, gastronomía, historia e xeografía.
Implicar aos peregrinos ao seu paso pola Milladoiro, comentándonos de onde son, de onde parten, facerse unha foto, poderendo pasar uns minutos con algún alumnado e contarlle un conto do seu país, falarlle das escolas de alí, ou ensinarlles un xogo etc.

1 feb. 2013

Meco e a meca

Este anos contamos cunha meca e un meco para darnos a lerias do entroido.

Entroido no Camiño Portugués


O Concello de Vilaboa, Pontevedra, e a súa parroquia de Cobres son recoñecidos polo seu tradicional, vistoso e atrctivo entroido.


O de Cobres é un entroido que se diferenza de outros por ter unhas características especiais en función de:

- Antigüidade: é posible que veña dalgunha costume gremial cando nos séculos XV e XVI estaban no máximo esplendor en Galicia.

- Vestimenta: tanto polo colorido e resultado estético como polos nomes que se lle da os seus compoñentes.

- Compromiso: o sentido da responsabilidade que conquiren os habitantes das parroquias de Cobres coa celebración ten como efecto directo a implicación de todos veciños e veciñas.

- Carácter: o seu estilo lúdico folclórico dálle un colorido e unha personalidade diferente a todos os carnavais da Comunidade Galega conquerindo unha siña de personalidade dos veciños das parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres do Concello de Vilaboa. 

- Continuidade: existe un continuo ao longo do ano cun punto de inflexión durante a celebración do carnaval. Ao remate da festa comezan os preparativos para o vindeiro Entroido... pódese dicir que remata un, e ao mesmo tempo que se ten presente, xa se comeza a pensar no seguinte.







Arredor da celebración emerxe un mundo representativo de niveis sociais e roles, de xénero e posición económica, que se percebe tanto pola vestimenta común entre o grupo e diferenciadora do resto, como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións:
 
Madamas: mulleres de posición social elevada, ocupan un lugar central no desenvolvemento do Entroido, cunha estética dirixida claramente a diferenciarse do resto.

Galáns: homes que pola súa posición e situación económica ansían a busca de parella entre as Madamas, polo que destacan sobre o resto.

Os de Branco: poden ser tanto homes ou mulleres que ocupan unha posición intermedia, inferior a das personaxes anteriores.

Aldeáns: ocupan o último eslavón da cadea e representan o grupo maioritario da sociedade e tempo ao que se refire.
O Camiño Portugués recorre o Concello de Vilaboa, podedes ver aquí este tramo do camiño.

O sapo e o raposo


Baseado nun conto tradicional galego, este video foi producido polo Xabarin club da TVG para apoiar a campaña do Patrimonio Inmaterial Galego na UNESCO..

O galego nas novas tecnoloxías


Premendo a imaxe poderedes acceder  a diferentes aplicacións en galego.

Antroido move o corpo



Xentiza de  Paco Nogueira Nodar.