... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 mar 2013

Caslelo de Souto maior



O Castelo de Soutomaior atópase na provincia de Pontevedra, no Concello de Soutomaior.
Construíuse nun lugar elevado, no monte do Viso.
O castelo pertenceu a Pedro Madruga, que se lle coñecía coma Señor de Soutomaior.
A súa construción data do século XII.
O castelo ten dúas torres unidas por unha muralla e cun recinto amurallado.

Se premedes aquí podedes ver imaxes do castelo.

Premendo aquí podedes ver o xardín do castelo. As árbores máis "vellas" son os Castiñeiros chegándose a datar algún deles en 800 anos de antigüidade. O resto das árbores é moito máis recente e pódese datar en aproximadamente un século.

29 mar 2013

Xornal " Milladoiro"


xornal - diapositivas

Do 11 ao 15 de marzo elaboramos entre todo o centro un xornal de 5 páxinas (unha cada día) onde as aulas amosaron as novas de interese da súa titoría. Este xornal “MILLADIARIO” estjvo exposto no corredor principal, deixando constancia nun dosier que se depositou na biblioteca.

Tamén se mercaron distintos tipos de xornais que estiveron expostos nun andel no corredor a disposición do profesorado e dos alumnado.

22 mar 2013

A Catedral de Tui


Catedral de Tui - presentacion imaxes

O camiño Portugués na arquitectura.
A Catedral de Tui. 

A catedral é o máximo expoñente do patrimonio artístico de Tui. Sitúase na parte máis alta da localidade, na croa do antigo castro Tide que debeu existir antes do inicio da nosa era.
Da época do románico consérvase a planta, a portada norte e a iconografía dos capiteis. Tamén contén elementos de estilo gótico nunha das partes principais de calquera catedral, na fachada principal, datada aproximadamente no ano 1225. Este dato ten importancia, xa que foi a primeira construción de estilo gótico de toda a Península Ibérica.
A súa situación, nun punto elevado da fronteira con Portugal, determina o seu uso. Ademais das propias dun templo católico, a catedral desempeñaba un papel central na defensa da cidade, como proban a torre do homenax ou dos Soutomaior ou as almeas que rodean o claustro.

21 mar 2013

Galo de Barcelos





O  Galo de Barcelos é moi coñecido en Portugal : é un galo negro salpicado de cores brilantes con corazóns, círculos e flores
A aula 2, alumnado de 4 anos E, investigou sobre o Galo de Barcelos, símbolo de Portugal, e fíxonos esta achega.
Un peregrino galego que salía de Barceloscamiño de Santiago de Compostela, foi acusado de roubar prata a un terratenente e foi condenado.
O peregrino pediu coma último desexo  ao xuíz , que  se atopaba comendo un polo asado. Díxolle que como proba da súa inocencia, o galo que estaba comendo o xuíz  levantaríase e poñeríase a cantar. 
O xuíz non lle fixo caso.
Ao executarse a condena o galo levantouse e cantou. O xuíz, ante tal acontecemento, deuse conta do seu erro e perdouno,  o peregrino quedou libre.
O peregrino, anos máis tarde, mandou construír o cruceiro do señor galo, que se atopa no Museo Arqueolóxico de Barcelos.
Esta é a lenda do Galo de Barcelos.


14 mar 2013

Sesión de contacontos en lingua de signos

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), veunos á escola a falarnos da integración.

Contáronos un conto e vimos un vídeo.
O conto foi signado por Alba, apoiado pola voz da súa compañeira e por imaxes proxectadas.
 
 
O conto foi signado por Alba, apoiado pola voz da súa compañeira e por imaxes proxectadas.
O conto narrado foi:


Autora do texto e das ilustracións: Jennette Jenning  
Tradución: Alfred Lobmayr e Chema Heras
Editorial: Faktoria K de libros
Todas as mañás, o señor Abellón saía da súa casa cun abrigo enorme. Levaba algo agachado, pero non dabamos visto o que era porque, en canto saía pola porta, liscaba rúa abaixo a toda présa. 
Polas tardes, cando volvía á casa, o abrigo seguía tan avultado como pola mañá...
Un relato intrigante, escrito con textos breves e sinxelos, no que a lectura visual constitúe a parte relevante,  xa  que a observacións das súas ilustracións permite chegar ao fondo da historia.

Material ONCE


Nas xornadas sobre a diversidade e a integración contamos con material da ONCE.