Onte cumplíronse as 3 semanas do modo galego, aquí vos deixamos o mural do noso corredor central, con tódalas actividades realizadas na escola. Bo traballo!
"COA PALABRA NA BOCA"
20 mar 2023
16 mar 2023
SEMANA 2 CO MODO GALEGO
Entre as árbores , plantas , a rúa, as emocións, os animais e os alimentos transcorriu a segunda semana co noso modo galego!
5 mar 2023
SEMANA 1 CO MODO GALEGO
Nesta semana estivemos a traballar con campos semánticos relacionados cos xogos e xoguetes, películas, deportes, instrumentos e roupa. Aquí vos deixamos un breve e gráfico resumo do traballado!
O XARDÍN DE ROSALÍA
Outro ano máis celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro.
Na EEI Milladoiro elaboramos un xardín de poemas no corredor, con poemas recollidos no Herbario de María López Sández e decorados en cada aula. Todo o traballo quedou recollido neste video-poema que foi presentado na gala de Rosalía organizada polo Concello de Ames o pasado sábado 25 de Febreiro.4 mar 2023
MODO GALEGO ACTÍVAO!
O proxecto Modo galego, actívao! contemplou dende o principio facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego. A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos de educación infantil e primaria decidimos facer colaborativamente unha versión adaptada na que todas as escolas do concello puidesen participar.
O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.
Como no programa de referencia, a experiencia artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. Cada entrada tratará dun asunto particular e poderá incluír distintos materiais e propostas. As e os titores, participando, adquiren o compromiso de revisar o blog todos os días co alumnado.
Na nosa escola, estamos a traballar unha palabra relacionada con un campo semántico que cada día nos indica o blog, modogalego.academia.gal e outras propostas que nos están a activar o modo galego.
10 may 2022
2022 ano de Florencio Delgado Gurriarán. "As catro estacións de Florencio"
Para conmemorar ao autor homenaxeado no 2022 polas Letras Galegas, na EEI Milladoiro decidimos escolmar poemas de Florencio, dedicados aos cambios estacionais, por ser esta unha proposta moi visual e sensorial acaída á idade do noso alumnado.
"As catro estacións de Florencio"
12 unidades, catro estacións, cada unha delas traballadas traballadas polos distintos niveis que hai no centro.
Debíamos plasmar nun lenzo o poema ou estrofa escolmada relacionada coa estación que nos correspondeu.
Por outra banda, as integrantes do EDNL, fixeron catro intervencións arredor do poema "Aí vén o Maio".
Primavera
Verán
Outono
Inverno
"Aí vén o Maio"
20 may 2019
2019 Ano de Antonio Fraguas Fraguas
- que sexa coñecida, empregada e apreciada polo alumnado,
- que os nenos e nenas sexan a correa de transmisión desta riqueza ás súas familias xa que logo un gran número delas son procedentes doutros lugares.
- que a escola sexa un foco de dinamización cultural irradiando de cara a veciñanza a través das iniciativas que nela se desenvolven.
A distribución das lousas-poema pola vila levounos a elaborar unha suxestión de roteiro poético para que as familias puideran visitalas todas na compaña dos seus fillos/as.
O alumnado do IES Milladoiro tirou proveito desta iniciativa, facilitándolle o mapa da ubicación das lousas para que as visitasen e identificaran de que obras se entresacaran eses versos. Unha colaboración inesperada promovida pola coordinadora do EDNL, Valentina Formoso. Como colofón, estas mozas e mozos, en agradecemento aos pequenos viñeron facer unha sesión de contacontos e tamén a amosarlle as fotografías que tomaran das súas lousas poema.
A webs dos centros e do concello, así como a radio local deron boa conta do noso traballo.
Folletos da riqueza dos bosques, das rutas, dos faros ou das camelias veñen a complementar a exposición, xunto con un cento de imaxes do patrimonio BIC (Ben de Interese Cultural) do concello de Ames recollidas na publicación Ames in terra amaae á que dende aquí se pode acceder en formato pdf. Pois é tamén empeño noso que o alumnado (e familias) coñezan empezando polo que teñen máis preto.
Complétase a exposición coa información remitida pola Secretaría de Política Lingüística sobre Antonio Fraguas.
Un hórreo feito con material de refugallo, un maio vexetal e unha exposición de faros, son proxectos de aula que tamén se mostran na exposición.
Como a nosa intención sempre é traspasar os muros da escola irradiando cultura e saber de cara á comunidade local, organizáronse xornadas de portas abertas ao público en xeral para que puideran visitala. Neste caso ben sabemos do "tirón" que teñen os cativos.
Que a EEI Milladoiro sexa unha escola de pequechos non é óbice para que non fagamos unha labor de altura pola nosa lingua e pola nosa cultura, implicando e irradiando cara toda a comunidade.