Os alumn@s de 5 anos foron o pasado xoves de excursión a Lalín.
Visitaron unha aldea restaurada e conservada como fai 6o anos, coñeceron como vivían os seus bisavós, onde durmían, onde se divertían....
Coñeceron vocabulario novo: penico, almofía, lareira,artesa, gramalleira, espeteira...
E ademáis:
- Na vivenda popular galega (cociña, cuartos, comedor, taberna).
- Oficios tradicionais moi variados: Canteiro, cesteiro, zoqueiro, zapateiro, afiador, tecedeira, carpinteiro, albanel … profesións artesáns galegas, prácticamente desaparecidas.
- Procesos productivos completos: O proceso de pan e do queixo. Fixemos estes obradoiros.