... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

28 nov. 2010

Samaín





Coa chegada do outono veñen as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise o calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume; son os tempos do Samaín. Rafael López.



Exposición realizada coa colaboración de toda a Comunidade Educativa.

16 nov. 2010

Avós e avoas na escola



A que xogaban os nosos avós e as nosas avoas? ...

O día do magosto foi  unha xornada de xogos populares: carozos, chapas, buxainas... Os avós e as avoas viñeron ensinarnos como se xoga.