... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 may 2024

REMATE MODO GALEGO, ACTÍVAO

 Rematamos 3 semanas intensas de activar, nas que disfrutamos moito pero aprendimos máis, Achamos moitas palabras. Aprendemos que co galego  todo podemos facer, ata  chegar moi lonxe, porque nos entenden en moitos países. Co galego podemos cantar e bailar porque temos moitas xoias no noso folclore...

Despedímonos destas 3 semanas de modo galego,  con este vídeo de música na nosa lingua. E animamos a tódalas familias a continuar o legado, os 365 días do ano, porque en galego somos máis: somos pobo e identidade.

Galicia somos nós, 

a xente e máis a fala

se buscas a Galicia 

en ti tes que atopala!

Manuel María



MODO GALEGO SEMANA 3 CON MOITO RITMO

Videoclip de 4 anos C, Quen é a que canta?



En 3 anos a ritmo de muiñeira





26 may 2024

CÉ A ORQUESTRA PANTASMA

 Dentro do progama do Modo Galego disfrutamos da actuación en directo de CÉ a orquestra pantasma. CANTO NOS FIXO BAILAR! GRAZAS.


O NOSO LUGAR DE AMES...

 Despois de aprender moito sobre a nosa contorna escollemos os nosos lugares favoritos do Concello de Ames.




25 may 2024

UNHA ENTREVISTA MOI ESPECIAL

 Aproveitando que un dos lemas da semana do modo galego, era o deporte, as nenas en nenos de 4 anos fixeron unha entrevista a unha deportista moi especial.



22 may 2024

SEMANA 2 DO MODO GALEGO

              Na aula de 4C están moi activados mirade que video nos manda a mestra Selma.

 

 

 En 3 anos as pulseiras que nos enviaron, déronnos un extra de motivación


Na aula da mestra Noelia son todo unhas e uns artistas, mirade que maneira tan fermosa de activar o galego




17 may 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega a Luísa Villalta.

Naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio... e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida.

Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.

Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos.


Luisa Villalta, a poeta que describía a cidade con tinta de mar. Con esa premisa, desde a nosa escola quixemos homenaxeala cunha exposición no corredor "TINTA DE MAR" cada aula escolleu a silueta dunha especie mariña feita en madeira e adobiámola cunha técnica artística diferente.


Por mor da choiva tivemos que aplazar a nosa Romaría das Letras, pero nos vindeiros días se o tempo o permite propoñeremos unha nova data.

SEMANA 1 MODO GALEGO ACTÍVAO!

 Despois de asinar  os nosos compromisos lingüísticos comezamos a activar o Modo galego, neste vídeo as nenas e nenos de 4 anos C explícannos como activaron o seu modo galego.




O tempo é coma un xogo que cambia cada día. Podemos observalo e sentir os seus emocionantes cambios. Podemos xogar co vento coma as árbores cando bailan ao seu ritmo, ou facer bonecos e lanzar bólas de neve coas nosas amigas e amigos.

En 5 anos aprenderon moitas palabras relacionadas co tempo.


Sabiades que os alimentos son aquelas cousas ricas e saudables que comemos para estar fortes e crecer sans?  En 4 anos D dan boa mostra de que saben moito de cousas ricas e saudables

As emocións son coma os amigos e amigas que viven dentro do noso corazón e que nos axudan a sentir o mundo do noso redor.

Nas aulas de 4 anos activaron tanto o modo galego que nos deixan proba mostra do aquí do que senten.


Tamén en  3 anos comezan a poñerlle nome en galego as todo o que sinten e traballaron coas emocións.


haiku é un poema de orixe xaponés que se caracteriza por tratar temas vinculados á natureza ou a vida cotiá.  Estes poemas están formados por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, pero tampouco é necesario utilizar sempre esta métrica.  Unha das súas características é que non ten rima.  Tradicionalmente, os poetas e poetisas representaban os seus haikus cunha simple ilustración, coñecida como haiga

Mirade os haikús  que crearon na aula de 4 anos B.



13 may 2024

MODO GALEGO ACTÍVAO!

Iniciamos o Modo galego, actívao! un proxecto de investigación-acción deseñado e desenvolvido pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e coa participación e a comunidade educativa. 

Como primeira actividade asinamos todas e todos un acordo de compromiso lingüístico.

BLOG DO MODO GALEGO