... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

14 oct 2024

CURSO 2024-25 AI LA LA LÁ

 Voltamos con moitas ganas de activar o  galego  cun proxecto anual con moito ritmo, AI LALALÁ. 

 Para seguir dando un impulso e fomentando a lingua galega no centro, o eido central da nosa cartelería será a música popular galega, proposta que leva por título “Ai lalalá”. Cada cartel leva un instrumento e ao carón o nome da cantareira ou grupo e unha estrofa composta por estes mesmos, acompañado dun código QR para darlle maior visibilidade e aproveitamento da proposta nas aulas.