... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

3 may 2011

Praza de Abastos



O alumnado de 4 e 5 anos organizados en diferentes mércores e por aulas visitamos, no mes de abril, a Praza de Abastos de Compostela.
Mestras un grupo ía a Biblioteca Anxel Casal outro visita o mercado, deste modo optimizamos recursos (o autobús resulta carísimo).
O guía José ao chegar dounos unha moeda que tiñamos que conservar ata o final da visita. Invitounos a coñecer os diferentes postos e a súa mercadoría. Mostrounos como funciona a praza, coñecimos os seus traballadores/as, e os diferentes servizos que ofrece aos seus clientes ( empaquetado ao vacío, servizo de custodia da compra e envío a casa....
Ao final mercamos unha froita coa moeda, algunha delas perdéranse mais non houbo problema, todo o alumnado elixíu a súa froita preferida.
Agasalláronnos cun receitario de cociña para cada familia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario