... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.
2 may 2011
Aula da Natureza
No mes de Abril o alumnado de 4 e 5 anos visitamos a Aula da Natureza do concello de Ames, situada na parroquia de Ameixendas. Alí puidemos ver a exposición "O ecosistema fluvial", dentro do programa "Coñece a túa aula".
Observamos no exterior unha pequena horta, o espazo de herbas aromática, diferentes árbores frutais, pequenas placa solares etc . Logo vimos paneis con fotografías de fauna e flora existente nos ríos, e coñecemos os problemas ambientais derivados da contaminación destes fráxiles ecosistemas.
A mostra foi cedida pola estación de hidrobioloxía " Encoro do Con" da Universidade de Santiago.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario