Mentres un grupo ía á Colección Zanchi outro visitaba a Libraría Couceiro permitíndonos,deste modo, optimizar recursos.
Na libraría tivemos a posibilidade de ver, tocar, ulir, ler, mirar... todo tipo de libros da sección infantil.
Suso amosounos o obradoiro de encadernación artesanal onde restauran libros antigos. Explicounos o proceso que teñen que seguir, mostrounos os aparellos necesarios para facelo así como a pel para encadernar. Poidemos tocar, con moito coidado, o libro máis antigo da librería....
Non podiamos pasar sen mirarmos pola ventá á Praza de Cervantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario