... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

21 nov 2011

Xirimbao


A familia de Darío (4 anos) dinos:
Esta foto está feita no Xirimbao, unha área recreativa; onde fomos un día de campo "pic-nic" cos nosos amigos e a coñecer o lugar.
Quedamos prendados e con moitas gañas de voltar.
Da árbore onde esta o meu fillo non vós podo dicir moito, non sei que árbore era, nen se daba ou non  froitos. O único que sei e que, o neno agatuñou alí e aproveitamos para facer a foto.
O Xirimbao é coñecido porque hai moitas carballeiras que dan boa sombra nos días de moita calor e as mesas alí son propicias para ter un serán de merenda moi agradable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario