... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 may 2013

Visita "Casa do Patrón" en Lalín



Os alumn@s de 5 anos foron o pasado xoves de excursión a Lalín. 
Visitaron unha aldea restaurada e conservada como fai 6o anos, coñeceron como vivían os seus bisavós, onde durmían, onde se divertían....
Coñeceron vocabulario novo: penico, almofía, lareira,artesa, gramalleira, espeteira...



E ademáis:

  • Na vivenda popular galega (cociña, cuartos, comedor, taberna).
  • Oficios tradicionais moi variados: Canteiro, cesteiro, zoqueiro, zapateiro, afiador, tecedeira, carpinteiro, albanel … profesións artesáns galegas, prácticamente desaparecidas.
  • Procesos productivos completos: O proceso de pan e do queixo. Fixemos estes obradoiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario