... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

26 feb 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Un ano máis homenaxeamos a Rosalía.

 Este ano como o eido central son as aves. Escollemos o poema da "Alborada". Cada aula elaborou un paxariño e coas voces da cativada elaboramos un vídeo para participar na Gala de Rosalía,  promovida polo Concello de Ames que tivo lugar o venres 23 de Febreiro.




Con tódolos paxariños elaboramos un mural para o corredor central.


 Como agasallo todo o alumnado levou unha chapa conmemorativa. Debuxo de Cloe  de 5 anos A.

No hay comentarios:

Publicar un comentario