Dentro do programa do Modo Galego, tivemos a sorte de contar coa actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk na escola. Foi unha actuación moi bonita, chea de música, que nos fixo cantar moito e desfrutar.
27 may 2025
22 may 2025
ROMARÍA DAS LETRAS 2025
Como cada ano, volvemos xuntarnos na Romaría das Letras, unha festa para celebrar a cultura que nos une. Entre xogos tradicionais, obradoiros e moita alegría, rendémoslle homenaxe a nosa cultura, lingua e tradición. Grazas a todas as familias, pola vosa colaboración e polo tempo compartido.
Aquí vos deixamos uns
vídeos especiais con algúns momentos da festa para que poidades revivir
connosco esta celebración tan especial.
16 may 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Este ano 2025, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o 17 de maio, un día tan especial ás cantareiras, esas mulleres que transmitiron a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa música de xeración en xeración.
As cantareiras foron e seguen
sendo voz da tradición galega, coas súas coplas, cantigas e melodías que
nos falan da vida, do amor, da terra... Moitas veces cantaban sen instrumentos,
só coas palmas ou cunha pandeireta, pero con moita forza e sentimento.
Na nosa escola quixemos renderlles homenaxe cunha exposición no corredor chamada: "SEMENTES QUE CANTAN". Cada aula escolleu unha canción tradicional galega que aprendemos e representamos.
14 may 2025
SEMENTANDO CANTARES
Con motivo do Día das Letras Galegas 2025, participamos na actividade "Sementando Cantares", organizada polo Concello de Ames.
Cada aula da nosa escola escolleu
un poema ou cantiga en galego e deixámolo sementado en distintos lugares
do Milladoiro: prazas, rúas, parques..., para encher o pobo de cantigas fermosas espallando a nosa lingua pola contorna.
Neste vídeo podedes ver o
resultado deste traballo tan especial que fixemos con moita ilusión.
24 feb 2025
DÍA DE ROSALÍA: Ailalá... Hei de cantar!
Un ano máis homenaxeamos a Rosalía. Este ano elaboramos un mural cos versos do poema Has de cantar!, incluido no seu libro Cantares Gallegos. A partir deste realizamos o vídeo poema presentado na gala de Rosalía organizada polo Concello de Ames, hoxe luns 24 de febreiro.
A continuación deixamos o vídeo poema e unha fotografía do mural:
14 feb 2025
PECHE DO PROGRAMA: MODO GALEGO, ACTÍVAO!
O
programa modo galego actívao chega ao seu fin, pero o noso amor e orgullo pola
lingua galega segue máis forte que nunca. Ao longo destas semanas, a
través de retos e xogos, o galego estivo presente en todo momento, e os nenos e
nenas amosaron non só a súa capacidade de aprender, senón tamén a súa
implicación en facelo crecer e compartilo cada día.
Para rematar, celebramos
xuntos cun gran baile, creado polas artistas de Ames, As Maianas, que
achegaron o seu talento e nos contaxiaron de ritmo e alegría. Despedímonos do
programa, lembrando que somos os súper heroes e súper heroínas que
loitarán por salvar a nosa lingua, porque o galego é a nosa identidade. Animamos a todas as familias a seguir empregando o
galego todos os días.
O idioma é a patria e a esencia máis nosa. Manuel María
💙O GALEGO É A FORZA QUE NOS UNE 💙
LEMAS DO MODO GALEGO, ACTÍVAO!
Como podedes ver, estamos moi
orgullosos e orgullosas do galego! No último reto, o noso alumnado tivo a
oportunidade de compartir con nós as súas frases
motivadoras e lemas en galego. Todos e todas puxeron todo o seu
esforzo e creatividade para expresar a súa motivación. Aquí vos deixamos unha
pequena mostra das súas marabillosas creacións.
7 feb 2025
SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 5 ANOS
Os máis maiores da escola tamén demostraron que están
listos para afrontar grandes retos! Con moita enerxía, demostraron que están
comprometidos co galego e, sen dúbida, conseguiron activar a nosa lingua.
AULA 5
AULA 6
AULA 7
AULA 8
SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 4 ANOS
Os nenos e nenas de 4 anos, seguen a tope co galego! A súa
participación e entusiasmo son un exemplo de como pequenos xestos fan que o
galego se oia en cada recuncho.
AULA 2
AULA 3
AULA 4
SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 3 ANOS
Estamos chegando ao fin do programa Modo Galego, Actívao! e, como non podía ser doutro xeito, o alumnado tivo unha participación activa e chea de ilusión nos retos que nos propuxeron para esta semana. Aínda que estamos na recta final, seguimos activando o galego con moito entusiasmo.
Os cativos e cativas de 3 anos móstrannos como
superaron os retos desta última semana, demostrando o seu compromiso coa nosa
lingua!
AULA 11
AULA 12
31 ene 2025
SEMANA 2: MODO GALEGO ACTÍVAO! 5 ANOS
Seguimos activando o modo galego con moitas gañas. Os nenos e nenas de 5 anos están a coñecer mellor a nosa lingua. Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que fixeron... ¡seguen activando o galego con moito entusiasmo!
AULA 5
AULA 6
AULA 7
AULA 8
SEMANA 2. MODO GALEGO, ÁCTIVAO! 4 ANOS
Mirade que comprometidos están nas aulas de 4 anos co modo galego!
SEMANA 2: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 3 ANOS
¡Seguimos activando o galego con alegría e moito compromiso! 💙
24 ene 2025
SEMANA 1, PARTE 2: MODO GALEGO ACTÍVAO!
Seguindo co noso compromiso co modo galego, nas aulas 7 (cinco anos C) e 4 (catro anos B) están activando a tope o galego, déixannos aquí unha mostra de todo o que estiveron traballando esta semana.
AULA 7
AULA 4
SEMANA 1: MODO GALEGO, ACTÍVAO!
Unha vez asinados os nosos compromisos lingüísticos, puxémonos mans á obra nas aulas e activamos o modo galego! Os retos das aulas axudan a promover e falar a nosa lingua.
Nós sentimos que a cor da nosa lingua é o azul como o mar ou o ceo, por iso nalgunhas aulas comezaron o programa vestíndose cunha peza de roupa azul. E avanzando na semana descubrimos que a música non ten fronteiras e fai que o galego chegue a todas partes, queremos con isto que coñezades un pouco da nosa cultura musical, a través de diferentes pezas musicais ou instrumentos.
Mirade nas aulas de 3 anos que comprometidos están co modo galego a través dos retos semanais.
21 ene 2025
MODO GALEGO, ACTÍVAO!
Como en anos anteriores comezamos asinando un acordo de compromiso lingüístico en todas as aulas. Para seguir este programa podedes entrar na seguinte ligazón, que se actualiza diariamente mentres duran os retos: MODO GALEGO, ACTÍVAO!