... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

14 feb 2025

PECHE DO PROGRAMA: MODO GALEGO, ACTÍVAO!

O programa modo galego actívao chega ao seu fin, pero o noso amor e orgullo pola lingua galega segue máis forte que nunca. Ao longo destas semanas, a través de retos e xogos, o galego estivo presente en todo momento, e os nenos e nenas amosaron non só a súa capacidade de aprender, senón tamén a súa implicación en facelo crecer e compartilo cada día.

Para rematar, celebramos xuntos cun gran baile, creado polas artistas de Ames, As Maianas, que achegaron o seu talento e nos contaxiaron de ritmo e alegría. Despedímonos do programa, lembrando que somos os súper heroes e súper heroínas que loitarán por salvar a nosa lingua, porque o galego é a nosa identidade. Animamos a todas as familias a seguir empregando o galego todos os días.

 O idioma é a patria e a esencia máis nosa. Manuel María

💙O GALEGO É A FORZA QUE NOS UNE 💙


No hay comentarios:

Publicar un comentario