... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

14 feb 2025

PECHE DO PROGRAMA: MODO GALEGO, ACTÍVAO!

O programa modo galego actívao chega ao seu fin, pero o noso amor e orgullo pola lingua galega segue máis forte que nunca. Ao longo destas semanas, a través de retos e xogos, o galego estivo presente en todo momento, e os nenos e nenas amosaron non só a súa capacidade de aprender, senón tamén a súa implicación en facelo crecer e compartilo cada día.

Para rematar, celebramos xuntos cun gran baile, creado polas artistas de Ames, As Maianas, que achegaron o seu talento e nos contaxiaron de ritmo e alegría. Despedímonos do programa, lembrando que somos os súper heroes e súper heroínas que loitarán por salvar a nosa lingua, porque o galego é a nosa identidade. Animamos a todas as familias a seguir empregando o galego todos os días.

 O idioma é a patria e a esencia máis nosa. Manuel María

💙O GALEGO É A FORZA QUE NOS UNE 💙


LEMAS DO MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Como podedes ver, estamos moi orgullosos e orgullosas do galego! No último reto, o noso alumnado tivo a oportunidade de compartir con nós as súas frases motivadoras e lemas en galego. Todos e todas puxeron todo o seu esforzo e creatividade para expresar a súa motivación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das súas marabillosas creacións.









7 feb 2025

SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 5 ANOS

Os máis maiores da escola tamén demostraron que están listos para afrontar grandes retos! Con moita enerxía, demostraron que están comprometidos co galego e, sen dúbida, conseguiron activar a nosa lingua.

AULA 5


AULA 6


AULA 7








AULA 8

SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 4 ANOS

Os nenos e nenas de 4 anos, seguen a tope co galego! A súa participación e entusiasmo son un exemplo de como pequenos xestos fan que o galego se oia en cada recuncho. 

AULA 2


AULA 3


AULA 4





SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 3 ANOS

Estamos chegando ao fin do programa Modo Galego, Actívao! e, como non podía ser doutro xeito, o alumnado tivo unha participación activa e chea de ilusión nos retos que nos propuxeron para esta semana. Aínda que estamos na recta final, seguimos activando o galego con moito entusiasmo.

Os cativos e cativas de 3 anos móstrannos como superaron os retos desta última semana, demostrando o seu compromiso coa nosa lingua!

AULA 11

AULA 12