Estamos chegando ao remate do programa Modo Galego, Actívao!, unha iniciativa que, ao longo destas semanas, encheu as aulas de creatividade, participación e, sobre todo, de moito galego. O alumnado implicouse con ilusión en cada un dos retos propostos, demostrando que a nosa lingua está moi viva cando se usa, se comparte e se goza.
Mesmo na recta final, o
entusiasmo non decaeu e seguimos activando o galego con enerxía e orgullo. Os
máis cativos e cativas, sorpréndennos unha vez máis amosándonos como superaron
os últimos retos.
Desde aquí queremos agradecer a
participación de toda a comunidade educativa, rematamos Modo Galego,
Actívao!, pero continuamos, día a día, a vivir e sentir o galego dentro e
fóra da aula.
AULAS 3 ANOS
3 ANOS C
AULAS 4 ANOS
AULAS 5 ANOS A E C
5 ANOS B
No hay comentarios:
Publicar un comentario