... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 mar 2011

Biblioteca Pública Anxel Casal



No mes de marzo e ao longo de varios mércores, o alumnado de catro e cinco anos visitaron a Biblioteca Anxel Casal .  

 

Posted by Picasa

Explicaron o funcionamento e prestacións da biblioteca cun vídeo para logo levalos á pranta de infantil onde lles leron un conto. Tiveron a posibilidade de mirar, coller, ler.... todos os libros dos expositores. 

11 mar 2011

Festa da entroido

O venres, como remate da do Entroido, realizamos un desfile de disfraces.  O alumnado realizou o seu disfrace nas aula coa colaboración das súas familias.
A Anpa Millapeques organizou unha grande festa no pavillón do Milladoiro e ata contrataron unha charanga que amenizou este evento no que estivo invitada toda a cominidade educativa. Bailamos, comimos e disfrutamos deste día tan especial.

24 feb 2011

16 feb 2011

Intervención con pedras



Con motivo da celebración do Día da Paz fixemos unha exposición de arte comunitario con pedras decoradas, na que participaron todas as familias.

11 feb 2011

Celebramos o Día da Paz


Na celebración do Día da Paz, o Equipo de Convivencia preparou unha actividade na que os nenos e nenas tivemos que eleborar un gran mural conxunto falando dos nosos dereitos.
Cada aula realizou unha peza do crebacbezas, ilustrando un dos artigos dos Dereitos da Infancia.