Estas son algunhas das fotos da " Homenaxe a Rosalía de Castro".
... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.
5 mar 2014
1 mar 2014
27 feb 2014
A chuvia e os seus nomes.
Leva tanto tempo chovendo que xa non lembramos días sen auga.
Chove, mais unha veces é miudiño, outras arroia, hai trebón ou chuvascada, pode que caia unha babuxa ou un diluvio, ou simplemente unha orballada.
A nosa lingua dispón de ducias de palabras para nomear a variada tipoloxía de chuvia que temos, así, botando man das “Palabras enchoupadas” do Portal das palabras para chamar á chuvia polo seu nome.
A chuvía levounos aos paraugas, a cantidade de paraugas rotos esta temporada. Pensamos en darlle unha nova vida, e así quedou a intervención.
25 feb 2014
Rosalía de Castro
O alumnado da escola participou na Homenaxe a Rosalía de Castro organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, co poema "Turra, turra…".
21 feb 2014
Homenaxe a Rosalía de Castro
O acto central desenvolverase este domingo 23 de febreiro, dende as 19:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dun evento no que haberá música e no que se lerán varios poemas da escritora homenaxeada. A través desta iniciativa preténdese dar a coñecer a vida e obra de Rosalía de Castro entre a veciñanza amiense.
O evento comezará coa actuación do grupo de pandereteiras As Maianas. De seguido, proxectarase un vídeo feito por tódolos alumnos e alumna da Escola infantil do Milladoiro no que recitan o poema Turra, turra Xan pola burra. Trala proxección deste vídeo comezarase coa lectura dos poemas da escritora galega. Na lectura de poemas colaboran os centros de ensino de Ames. Varios alumnos/as do CEP de Ventín, do CEIP Agro do Muíño, do CEIP de Barouta, do IES de Bertamiráns e do IES do Milladoiro lerán varios poemas de Rosalía de Castro.
Máis información, aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























