... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

20 may 2014

Letras Galegas



Realizáronse traballos diversos referentes ó autor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro (1914-1989) .

E organizamos a exposición de ilustracións sobre a súa figura.


O léxico de Nimbos



Vía

17 may 2014

Con Díaz Castro



Este ano 2014 celebramos as Letras Galegas con Xosé María Díaz Castro, poeta que dá forma ás nosas palabras e, como non, Paco Nogueiras Nodar rinde homenaxe e comparte con nós.

16 may 2014

"Brinca Vai!": Meu o mundo é!




"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas.

"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

"En galego falo, en galego sinto,en galego canto, sabes que non minto.En galego todo podo facer,en galego estou no mundo...Meu o mundo é!En galego leo, en galego escribo,en galego bailo, sabes que non minto.En galego todo podo facer,en galego estou no mundo...Meu o mundo é!"[Retrouso de "Meu o mundo é!"]