... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

16 may 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Este ano 2025, a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o 17 de maio, un día tan especial ás cantareiras, esas mulleres que transmitiron a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa música de xeración en xeración.

As cantareiras foron e seguen sendo voz da tradición galega, coas súas coplas, cantigas e melodías que nos falan da vida, do amor, da terra... Moitas veces cantaban sen instrumentos, só coas palmas ou cunha pandeireta, pero con moita forza e sentimento.

Na nosa escola quixemos renderlles homenaxe cunha exposición no corredor chamada: "SEMENTES QUE CANTAN". Cada aula escolleu unha canción tradicional galega que aprendemos e representamos.









14 may 2025

SEMENTANDO CANTARES

Con motivo do Día das Letras Galegas 2025, participamos na actividade "Sementando Cantares", organizada polo Concello de Ames.

Cada aula da nosa escola escolleu un poema ou cantiga en galego e deixámolo sementado en distintos lugares do Milladoiro: prazas, rúas, parques..., para encher o pobo de cantigas fermosas espallando a nosa lingua pola contorna.

Neste vídeo podedes ver o resultado deste traballo tan especial que fixemos con moita ilusión.




24 feb 2025

DÍA DE ROSALÍA: Ailalá... Hei de cantar!

Un ano máis homenaxeamos a Rosalía. Este ano elaboramos un mural cos versos do poema Has de cantar!, incluido no seu libro Cantares Gallegos. A partir deste realizamos o vídeo poema presentado na gala de Rosalía organizada polo Concello de Ames, hoxe luns 24 de febreiro.

A continuación deixamos o vídeo poema e unha fotografía do mural:




14 feb 2025

PECHE DO PROGRAMA: MODO GALEGO, ACTÍVAO!

O programa modo galego actívao chega ao seu fin, pero o noso amor e orgullo pola lingua galega segue máis forte que nunca. Ao longo destas semanas, a través de retos e xogos, o galego estivo presente en todo momento, e os nenos e nenas amosaron non só a súa capacidade de aprender, senón tamén a súa implicación en facelo crecer e compartilo cada día.

Para rematar, celebramos xuntos cun gran baile, creado polas artistas de Ames, As Maianas, que achegaron o seu talento e nos contaxiaron de ritmo e alegría. Despedímonos do programa, lembrando que somos os súper heroes e súper heroínas que loitarán por salvar a nosa lingua, porque o galego é a nosa identidade. Animamos a todas as familias a seguir empregando o galego todos os días.

 O idioma é a patria e a esencia máis nosa. Manuel María

💙O GALEGO É A FORZA QUE NOS UNE 💙


LEMAS DO MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Como podedes ver, estamos moi orgullosos e orgullosas do galego! No último reto, o noso alumnado tivo a oportunidade de compartir con nós as súas frases motivadoras e lemas en galego. Todos e todas puxeron todo o seu esforzo e creatividade para expresar a súa motivación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das súas marabillosas creacións.









7 feb 2025

SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 5 ANOS

Os máis maiores da escola tamén demostraron que están listos para afrontar grandes retos! Con moita enerxía, demostraron que están comprometidos co galego e, sen dúbida, conseguiron activar a nosa lingua.

AULA 5


AULA 6


AULA 7








AULA 8

SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 4 ANOS

Os nenos e nenas de 4 anos, seguen a tope co galego! A súa participación e entusiasmo son un exemplo de como pequenos xestos fan que o galego se oia en cada recuncho. 

AULA 2


AULA 3


AULA 4