... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

28 nov 2012

Construír xoguetes



O alumnado de tres anos en Atención Educativa realiza o seus propios xoguetes con material de refugallo.
Se premedes na imaxe podedes ver unha pequena montaxe.

27 nov 2012

Xogos populares


Nesta xornada de magosto contamos coa colaboración das familias para mostrarnos diferentes xogos e xoguetes tradicionais.

22 nov 2012

Cama e conto

 O día 16 fomos a Casa da Cultura para ver a compañía de títeres Babaluba que representaba a obra "Conto e cama", baseada na obra do escritor Gonzalo Moure. Estivemos convidados pola Concellería de Cultura do Concello.
 Encantounos!!!

Un espectáculo baseado nas lembranzas  de dous personaxes inolvidables, NAI e a súa filla  MALVA, que dialogan cos xestos e as palabras pero tamén dándolle vida aos  obxectos máis cotiáns nunha montaxe chea de poesía  e sentimento.

En «Cama e Conto» trátase o paso do tempo como temática  central desde unha visión  optimista e pegada á realidade máis cotiá.

A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero onde podemos recoñecernos  como seres humanos complexos pero onde sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores inquebrantables.

14 nov 2012

13 nov 2012

Samaín I

Samaín I on PhotoPeach


Exposición das cabazas no tempo do Samaín.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno.

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.

É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc.

Se sentides curiosidade tedes máis información aquí.