... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

13 may 2016

EEI Milladoiro con Granell


A Fundación Granell realiza unha exposición de debuxos infantís dos alumnos do E.E.I Milladoiro. 
As obras están realizadas polo alumnado de tres e catro anos.. 
Se queredes máis información, aquí







11 may 2016

9 may 2016

Sementando poemas no Milladoiro


O día 9 de Maio todo o alumnado da escola saíu polas diferentes prazas do Milladoiro a sementar poemas de Manuel María.


Pretendemos compartir coa vecindade a poesía.















2 may 2016

Sementando poemas


Ler máis publicacións en Calaméo

Temos preparados a selección de poemas de Manuel María para sementar polo Milladoiro. Desexamos que ao vecindario lle guste a idea e colabore sementando para que cheguen moi lonxe.

Esta actividade é froito da colaboración das escola EEI Milladoiro, CEP Ventín, CEIP A Maía, CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño, EEI de Covas e EEI de Ortoño e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.

En diferentes días e lugares do concello de Ames sementaremos poemas.

Nós farémolo o día 9 e sementaremos 39 poemas.

27 abr 2016

12 abr 2016

O bigote de Mimí


Temas do concerto-espectáculo O Bigote de Mimí, da obra homónima do autor: "Meu amigo Fiz", "O barbeiro Paderna", "A invasión dos ratos" e "Polo poder da palabra".
Ligazón

Casa Museo Manuel María


Premendo na imaxe teredes acceso a Casa Museo de Manuel María.

25 feb 2016

Día de Rosalía: Campanas de Bastabales.



Celebramos o Día de Rosalía de Castro coa presentación do recitado do poema " Campanas de Bastabales".

Este mesmo poema encabezou a Homenaxe que se lle realizou na casa da Cultura.