... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.
Mostrando entradas con la etiqueta a nosa lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a nosa lingua. Mostrar todas las entradas

17 nov 2011

O principio do fin


Onte veu publicada a proposta do goberno de Ames de eliminar o seu servizo de normalización lingüística, a programación da animación á lectura das bibliotecas municipais entre outros servizos, podédela ler aquí.

Consideramos é unha unha decisión extremadamente grave e irresponsable.

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames vén desenvolvendo desde hai anos un labor fundamental no municipio, coa organización de importantes accións que van desde a acollida lingüística e integración da poboación inmigrante ata o desenvolvemento de campañas de fomento do galego no comercio ou a hostalaría, a organización de cursos de lingua para o conxunto da poboación ou o desenvolvemento de múltiples actividades dirixidas á poboación escolar, como obradoiros, concurso, etc., ademais de traballar pola calidade lingüística e comunicativa da institución. En definitiva, moitas e importantes accións para o imprescindíbel labor que unha administración pública debe facer para o fomento do uso e prestixio da lingua galega. Así, non é a única función deste SNL a formación lingüística do funcionariado, como sinala o concello na súa argumentación.

Concordamos plenamente coa Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística.

O SNL do concello promove, apoia, colabora en actividades nas que a nosa escola participa.
Fomenta a coordinación entre EDL das escolas do concello, é un pilar imprescindible, irrenuncible para a promoción, posta en valor da nosa lingua e cultura.

16 nov 2011

A lingua sabe a Pan


A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Antón, o pai de Antía (4 anos) enviounos este vídeo que pola súa estética e contido considera que debe ser difundido. O EDL está completamente de acordo.

Só podemos engadir que este blog está a  disposición da comunidade educativa, na que as familias son unha parte fundamental, para poñer en valor a nosa lingua e cultura no camiño da normalización.

Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queres cantalo, hai unha versión en Karaoke aqui.