... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

11 may 2016

28 oct 2015

No Samaín





"NO SAMAÍN" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.

16 may 2014

"Brinca Vai!": Meu o mundo é!




"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas.

"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

"En galego falo, en galego sinto,en galego canto, sabes que non minto.En galego todo podo facer,en galego estou no mundo...Meu o mundo é!En galego leo, en galego escribo,en galego bailo, sabes que non minto.En galego todo podo facer,en galego estou no mundo...Meu o mundo é!"[Retrouso de "Meu o mundo é!"]

11 feb 2014

Apertas que voan



Grazas Paco Nogueiras Nodar pola túa aportación.

Campás pola Paz



No CEIP A Gándara de Monforte realizaron este vídeo a partir da canción “Campás pola paz” do libro-disco “Pan de millo”. Con pictogramas e lingua de signos.

14 may 2013

Espírito Vidal Bolaño



Videoclip musical ara achegar a figura de Roberto Vidal Bolaño aos máis cativos. Autoría: Paco Nogueiras Nodar / Torre Branca Producións

22 abr 2013

Nun libro...


Paco Nogueiras Nodar, achéganos coa súa música e a súa alegría ao Día do Libro.
Na miña estantería algo se move ... o que?

Hai mundos para abrir e cando queiras pechar ...

Descúbreos!

Estes tesouros de papel con historias están agardando por cada un de nós.