... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

20 jun 2013

Un percorrido polo Camiño Portugués



O noso milladoiro

Realizouse un pequeno tramo do camiño que pasa polo centro  e realizouse unha pequena intervención con pedras creando o noso “milladoiro”.







Preparouse unha credencial da peregrinación, para realizar un pequeno tramo  co alumnado de tres anos.


Algunhas plantas no Camiño Portugués

A esta planta chámolle estalotes mais ten unha multitude de nomes en galego derivados da forma das flores, da época na que florece e, sobre todo, formas onomatopéicas do ruído que fan ao estalar as flores coas as mans. Pódense coñecer como dixital, estraloque, estralos, abeluria, borleta, dedaleira, milicroque, sanxoán, e outros moitos que podedes ver aquí.