... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 nov 2011

Árbores de Galiza


Adrián ( 5anos)  ante o carballo prantado cando naceu. 
Vese como van medarando un e outro.


Adrián e Marco xogando ao pé dun grande piñeiro. 


Adrián móstranos un carballeira.


Adrián ensínanos as bagas do acivro.


As bagas son o froito miúdo de forma redonda que dan plantas coma o liño, o loureiro, o acivro, etc., así como a súa semente.

29 nov 2011

Castiñeiro

                                           
Cristian ( 5anos) móstranos o carballo e as súas follas.



27 nov 2011

Xirimbao


Beatriz ( 4 anos)



A súa nai cóntanos que:

Estas fotos están feitas no Xirimbao, nunha excursión que fixemos con varios amigos con seus fillos. As criaturas pasáronno fenomenal en plena natureza.
Trátase dunha carballeira na parroquia de Reis, cruzando o río Ulla.




26 nov 2011

Árbores e froitos


Diego (4 anos) envíanos este castiñeiro.


 Estas castañas co seu ourizo.


Un carballo e ...

  
moitas landras,



fieitos ( fentos, fengos).

Estas fotos están realizadas preto da súa casa en Ordes.

25 nov 2011

Árbores e froitos


Xiana (5 anos) quere amosarnos:


Unhas carballeiras


e o froito dos carballos, as landras.



 Quere que vexamos un piñeiral.


E o froito dos piñeiros:


as piñas.

                                       

24 nov 2011

Árbores de Galiza


Diego (4 anos) móstranos un piñeiro pequeno.


Diego e súa irmá Natalia, ensínanos un acivro.

Estas fotos están realizadas na casa dos seus avós en Cambre.

21 nov 2011

Xirimbao


A familia de Darío (4 anos) dinos:
Esta foto está feita no Xirimbao, unha área recreativa; onde fomos un día de campo "pic-nic" cos nosos amigos e a coñecer o lugar.
Quedamos prendados e con moitas gañas de voltar.
Da árbore onde esta o meu fillo non vós podo dicir moito, non sei que árbore era, nen se daba ou non  froitos. O único que sei e que, o neno agatuñou alí e aproveitamos para facer a foto.
O Xirimbao é coñecido porque hai moitas carballeiras que dan boa sombra nos días de moita calor e as mesas alí son propicias para ter un serán de merenda moi agradable.

20 nov 2011

Brandemil







Darío (4 anos) envíanos esta preciosa foto feita en Brandemil nunha pequeña excursión. 
É un sendeiro no que daba o sol e estébase de marabilla.

17 nov 2011

O principio do fin


Onte veu publicada a proposta do goberno de Ames de eliminar o seu servizo de normalización lingüística, a programación da animación á lectura das bibliotecas municipais entre outros servizos, podédela ler aquí.

Consideramos é unha unha decisión extremadamente grave e irresponsable.

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames vén desenvolvendo desde hai anos un labor fundamental no municipio, coa organización de importantes accións que van desde a acollida lingüística e integración da poboación inmigrante ata o desenvolvemento de campañas de fomento do galego no comercio ou a hostalaría, a organización de cursos de lingua para o conxunto da poboación ou o desenvolvemento de múltiples actividades dirixidas á poboación escolar, como obradoiros, concurso, etc., ademais de traballar pola calidade lingüística e comunicativa da institución. En definitiva, moitas e importantes accións para o imprescindíbel labor que unha administración pública debe facer para o fomento do uso e prestixio da lingua galega. Así, non é a única función deste SNL a formación lingüística do funcionariado, como sinala o concello na súa argumentación.

Concordamos plenamente coa Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística.

O SNL do concello promove, apoia, colabora en actividades nas que a nosa escola participa.
Fomenta a coordinación entre EDL das escolas do concello, é un pilar imprescindible, irrenuncible para a promoción, posta en valor da nosa lingua e cultura.

Horta


José Luís recollendo amorodos na horta da súa tía.

16 nov 2011

A lingua sabe a Pan


A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Antón, o pai de Antía (4 anos) enviounos este vídeo que pola súa estética e contido considera que debe ser difundido. O EDL está completamente de acordo.

Só podemos engadir que este blog está a  disposición da comunidade educativa, na que as familias son unha parte fundamental, para poñer en valor a nosa lingua e cultura no camiño da normalización.

Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queres cantalo, hai unha versión en Karaoke aqui.

Paisaxe


Álvaro (5 anos) ensínanos esta fermosa paisaxe.


E estas piñas enormes dos piñeiros