... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

20 mar 2023

21 DÍAS EN GALEGO

 Onte cumplíronse as 3 semanas do modo galego, aquí vos deixamos o mural do noso corredor central, con tódalas actividades realizadas na escola. Bo traballo! 

                                                                               



 A NOSA PALABRA FAVORITA






16 mar 2023

SEMANA 2 CO MODO GALEGO

  Entre  as árbores , plantas , a rúa, as emocións, os animais e os alimentos transcorriu a segunda semana co noso modo galego!
















5 mar 2023

SEMANA 1 CO MODO GALEGO

 Nesta semana estivemos a traballar con campos semánticos relacionados cos xogos e xoguetes, películas, deportes, instrumentos e roupa. Aquí vos deixamos un breve e gráfico resumo do traballado!









A sorpresa de Magín Blanco anímounos a activar o modo galego preme e verás!









O XARDÍN DE ROSALÍA

Outro ano máis celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro.

Na EEI Milladoiro elaboramos un xardín de poemas no corredor, con poemas recollidos no Herbario de María López Sández e  decorados en cada aula. Todo o traballo quedou recollido neste video-poema que foi presentado na gala de Rosalía organizada polo Concello de Ames o pasado sábado 25 de Febreiro.














4 mar 2023

MODO GALEGO ACTÍVAO!



 O proxecto Modo galego, actívao! contemplou dende o principio facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego. A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos de educación infantil e primaria decidimos facer colaborativamente unha versión adaptada na que todas as escolas do concello puidesen participar.

O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.

Como no programa de referencia, a experiencia artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. Cada entrada tratará dun asunto particular e poderá incluír distintos materiais e propostas. As e os titores, participando, adquiren o compromiso de revisar o blog todos os días co alumnado.

Na nosa escola, estamos a traballar unha palabra relacionada con un campo semántico que cada día nos indica o blog, modogalego.academia.gal e outras propostas que nos están a activar o modo galego.