... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

13 jun 2011

Granxa Escola de Bergando

A visita á Granxa Escola Medioambiental de Bergando supuxo para os nosos nenos e nenas a posibilidade de pasar un día en contacto directo coa natureza, participando do coidado da horta e dos animais da granxa e realizando tamén outras moitas actividades. Como grupo disfrutamos dunha xornada de convivencia que nos gustaría compartir con vos a través das fotografías que aquí vos mostramos.









12 jun 2011

Granxa escola de Bergando


O alumnado de tres anos os días 9 e 10 de xuño, foron visitar ( en dous grupos) a granxa escola de Bergando.

Podemos velos no invernadoiro, onde chegaron montados no remolque do tractor, coidando e cepillando o cabalo, montando no poni e facendo unha rica pizza na cociña.
Foi unha intensa xornada chea de actividades cociña, horta, equitación, xogos...
Pasáronno moi, pero que moi ben!



10 jun 2011

Teatro de monicreques

 


O día 6 de xuño os nenos e nenas de 5 anos fomos ata a casa da Cultura porque dende o Concello nos invitaron a ver unha obra con monicreques que se titulaba "Lume". Gustounos moito !!
Posted by Picasa

9 jun 2011

Saída A Coruña



O  día 7 de xuño, o alumnado de cinco anos, como excursión de final de curso realizou unha saía A Coruña.
Pasárono fenomenal e tiveron unha xornada moi enriquecedora de experiencias novas.

7 jun 2011

Os nenos e nenas de Ventín lennos contos




O Equipo de Biblioteca organizou unha actividade en colaboración co CEP de Ventín. Os nenos e nenas de 2º de EP que foron alumnos deste centro viñeron lernos contos, a pasar o día con nós e a recordar vellos tempos.
¡Que maiores están todos!

3 jun 2011

MACUF


Algunhas aulas de catro e cinco anos visitaron  no Macuf ( Museo de Arte Contemporáneo)  a exposición Frecuencias da comisaria Eulàlia Boch
Esta exposición rende homenaxe aos elementos constitutivos da materia e á complexidade e beleza do tecido que son capaces de articular mesturando os seus espectros de cor.

2 jun 2011

"Algunhas árbores de Galicia"


Elaboramos unha exposión sobre algunhas árbores de Galicia, baseada na GUÍA DAS ÁRBORES DE GALICIA (1997) de Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar (Ilustracións),  Baía Edicións.



Baia Edicións proporciona información en rede das 50 árbores máis comúns premendo aquí.

1 jun 2011

Semana da prensa


Open publication - Free publishing - More educación


A derradeira semana de maio dedicouse á prensa, proposta realizada polo Equipo de Biblioteca do centro.

Nas aulas traballamos con diferentes xornais e puidemos constatar as propiedades máis significativas deste tipo de texto.