... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

24 feb 2012

Día de Rosalía de Castro



O 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro. 

175 anos despois a súa obra permanece viva.


Daquelas que cantan as pombas i as frores,

todos din que teñen alma de muller.

Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma

¡ Ai! ¿de qué a teréi?

" Vaguedás", Follas novas (1880)

Podedes ver a entrada o curso pasado, aquí

Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.

A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.

Por todos estes motivos a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
Texto extraído de AELG 


Desde aquí pódese descargar a Obra Completa de Rosalía de Castro. Tamén pode descargar cada un dos arquivos por separados.

Máis información:  Rosalía de Castro

18 feb 2012

Visita da Pantalla


Durante esta semana tivemos a visita da Pantalla polas aulas.
Foi toda unha sorpresa que motivou todo tipo de reaccións no alumnado.

15 feb 2012

Leria do xoves

Entroido de Xinzo

Este curso imos dedicarlle especial antenciaón ao entroido de Xinzo, o máis longo de Galicia.
O curso pasado dedicámoslle ao Entroido da Ulla, moito máis proximo a nós, con Xenerais, Alto..





A información para este carteis foi extraída de ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA 
e da páxina do concello de Xinzo de Limia.



Resulta moi interesante este vídeo realizado polo I.E.S. Lagola de Antela