... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

30 may 2013

Visita "Casa do Patrón" en Lalín



Os alumn@s de 5 anos foron o pasado xoves de excursión a Lalín. 
Visitaron unha aldea restaurada e conservada como fai 6o anos, coñeceron como vivían os seus bisavós, onde durmían, onde se divertían....
Coñeceron vocabulario novo: penico, almofía, lareira,artesa, gramalleira, espeteira...



E ademáis:

  • Na vivenda popular galega (cociña, cuartos, comedor, taberna).
  • Oficios tradicionais moi variados: Canteiro, cesteiro, zoqueiro, zapateiro, afiador, tecedeira, carpinteiro, albanel … profesións artesáns galegas, prácticamente desaparecidas.
  • Procesos productivos completos: O proceso de pan e do queixo. Fixemos estes obradoiros.

29 may 2013

Roberto Vidal Bolaño





O alumnado de 4 anos E, aula 2 fixo conmemorou a figura do dramaturgo e escritor Roberto Vidal Bolaño.

16 may 2013

Facianas


O EDLG do CEP Salustiano Rei Eiras, A Pobra do Caramiñal (A Coruña), preséntanos un extenso traballo sobre as historia do Día das Letras Galegas. Fai un repaso de todos os autores e autoras que foron homenaxeados no Día das Letras Galegas, dende Rosalía no ano 1963, ata Roberto Vidal Bolaño no 2013.

Podedes velo aquí.

15 may 2013

14 may 2013

Espírito Vidal Bolaño



Videoclip musical ara achegar a figura de Roberto Vidal Bolaño aos máis cativos. Autoría: Paco Nogueiras Nodar / Torre Branca Producións

Enjoy Galician food...


O departamento de inglés colaborou no Camiño Portugués co estudo da gastronomía no camiño.

13 may 2013

Roberto Vidal Bolaño



A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013.

Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións...

11 may 2013

Letras Galegas


O pasado ano, con motivo do 50 aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, o Faro de Vigo xunto coa RAG, publicaron o caderno que fai un percorrido por cada unha das figuras homenaxeadas ao longo destes cincuenta anos de Día das Letras a través dunha serie de 50 carteis realizados por cadanseu deseñador. En cada cartel aparece tamén un breve texto autoría dun escritor galego actual.
O caderno incluía o manifesto titulado "As letras que nos fixeron", no que se pode ler:
"As palabras e as imaxes son os lugares da cultura, esa é a masa que nos une".
Podedes ver os  carteis "Cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas", aquí e descargalos aquí

Podedes ver os catro primeros:










9 may 2013

Telexornal Vidal Bolaño



Informativo realizado nos estudos do CPI Os Dices (Rois) que repasa a traxectoria do autor. Realización: Luís Aldegunde - CPI Os Dices (Rois)

8 may 2013

4 may 2013

Roberto Vidal Bolaño



Vídeos elaborados pola Universidade de Vigo sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño en linguaxe de signos.