A colaboración de diferentes asociacións (
Bandeira do concello de Silleda,
Vea do concello da Estrada e
Bama do concello de Touro) que dan vida ao Entroido nos seus concellos permitiunos realizar unha exposición bastante completa sobre o Entroido na Ulla, con traxes, adobíos e fotografías.
Mención especial á familia de David pola súa entusiasta participación tanto na aportación de material particular ( vídeos, fotografías, complementos...) como pola información proporcionada.
A Biblioteca Municipal do Milladoiro proporcionounos abundante material bibliográfico para complementar a exposición.