... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.
Mostrando entradas con la etiqueta liberando poemas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta liberando poemas. Mostrar todas las entradas

4 jun 2014

Liberando poemas VIII



Antón levou o seu poema á Muralla de Lugo.


Hugo e Noa quixeron compartir o seu poema.












Noa encontrou o poema na Ratiña Golosa do Milladoiro e deixauna en Ponte Maceira.





Noa encontrou outro poema no centro comercial.




E xa que estivo moi atenta, Noa, atopou outro no centro médico.



Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEMILLADOIRO

3 jun 2014

Liberando poemas VII






Jaime Fiúza dinos: "Mándovos unhas fotos do poema de Emilio Pita. Encontrino no pabellón deportivo de Os Tilos e deixeino colgado dunha oliveir na Praza da Oliveira de Santiago de Compostela. A investigar donde está esa plaza!!!.
Saúdos"

Nós non imos deixar pasar este reto. 


Se prememos na imaxe podemos ver a Praza da Oliveira en Google Maps.


Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

2 jun 2014

Liberando poemas VI




José Andrés Mesías dinos: "Ola, mando dúas fotos... atopei o poema na casa de Noa, no Milladoiro e deixeino no Parque del Buen Retiro, ó lado do Palacio de Cristal en Madrid."



Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

1 jun 2014

Liberando poemas V




Natalia cóntanos que o encontraron na escola e levárono ao centro de saúde.



Xiana deixouno no parque de Curmáns, nun primeiro momento levouno a misa , mais despois de que moita xente a lese prefiriu sacalo ao sol... Esto cóntanolo Natalia no correo.



Zoe deixouno atado nunha farola.






Maitos56  enviou estas fotos e coméntanos: "Ola encontrei, camiñando esta mañá, posto nun mollón do camiño de Santiago a vosa nota coa poesía. Deixeina noutro tamén do camiño. Moito ánimo e sorte. Un saúdo".

Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

31 may 2014

Liberando poemas IV



Antón cóntanos que a súa filla Antía ( exalumna da escola) "fíxolle moita ilusión atopar o poema. A idea era deixalo no tren, pero non nós cadrou porque Antía é unha ansiosa. Grazas pola iniciativa". 





Boas tardes, son Noemí, a nai de Mario Pita de 3 anos C.

Atopei unha das poesías na casa da cultura de Milladoiro, e mandeina por unha mensaxeira ao Castelo de Monzón, en Huesca. 

Acaban de dicirnos que xa non está onde a puxeron, así que oxala teñamos sorte e nos conten onde rematou. 

Moitas gracias e noraboa por esta iniciativa tan fermosa.



Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

30 may 2014

Liberando poemas III





Chegounos un correo que comenta: Xacobe Merlán Montero (3 anos B) quixo deixar a súa poesía na porta de entrada do Polideportivo de Os Tilos. Esperemos que tódolos visitantes e usuarios que se atopen có poema disfruten del, igual ca nós.





José Alberto Fernández envíanos estas dúas fotos e felicítanos pola iniciativa.



Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

29 may 2014

Liberando poemas II



Nacho enviounos está fotografía dun poema no semáforo.



 Aranxta mandouno esta foto dun poema nunha farola.




Rocío envionos esta no parque.



Mari encontrouno na cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro.




Aranxta mandounos outra fotografía cun poema no bar da Casa de Cultura.




Valén André dinos "atopei este poema de Rubén Darío na rúa Agro da Vella. Bo traballo."




Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

25 mar 2014

Liberando poesías



Neses días de lectura de poemas dedicados aos nenos e nenas, ao sol, ao ceo, a primavera, dános mágoa que non estean ao acceso de todo o mundo, por iso, ao modo do bookcrossing, decidimos liberar poemas.
Fixemos unha escolma dalgunha das nosas preferidas, imprimímolass e, pola outra cara da folla, explicamos a razón de ser da nosa iniciativa, pedíndolle a quen a atope a deixe noutro sitio ao alcance doutras persoas para que tamén poidan lelas. 



Saímos á rúa e onde consideramos deixamos un poema. Quen a atope pode lela e deixala noutro sitio, así como mandarnos unha fotografía para que nós saibamos dos movementos de cada unha delas.

O propio Día da Poesía, cada neno e nena levou un destes folletos e, coa axuda das súas familias liberaron poemas por todo a localidade: nas tendas, nos portais, nos parques, no mercado, nas instalacións deportivas.