... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

1 feb 2013

Entroido no Camiño Portugués


O Concello de Vilaboa, Pontevedra, e a súa parroquia de Cobres son recoñecidos polo seu tradicional, vistoso e atrctivo entroido.


O de Cobres é un entroido que se diferenza de outros por ter unhas características especiais en función de:

- Antigüidade: é posible que veña dalgunha costume gremial cando nos séculos XV e XVI estaban no máximo esplendor en Galicia.

- Vestimenta: tanto polo colorido e resultado estético como polos nomes que se lle da os seus compoñentes.

- Compromiso: o sentido da responsabilidade que conquiren os habitantes das parroquias de Cobres coa celebración ten como efecto directo a implicación de todos veciños e veciñas.

- Carácter: o seu estilo lúdico folclórico dálle un colorido e unha personalidade diferente a todos os carnavais da Comunidade Galega conquerindo unha siña de personalidade dos veciños das parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres do Concello de Vilaboa. 

- Continuidade: existe un continuo ao longo do ano cun punto de inflexión durante a celebración do carnaval. Ao remate da festa comezan os preparativos para o vindeiro Entroido... pódese dicir que remata un, e ao mesmo tempo que se ten presente, xa se comeza a pensar no seguinte.







Arredor da celebración emerxe un mundo representativo de niveis sociais e roles, de xénero e posición económica, que se percebe tanto pola vestimenta común entre o grupo e diferenciadora do resto, como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións:
 
Madamas: mulleres de posición social elevada, ocupan un lugar central no desenvolvemento do Entroido, cunha estética dirixida claramente a diferenciarse do resto.

Galáns: homes que pola súa posición e situación económica ansían a busca de parella entre as Madamas, polo que destacan sobre o resto.

Os de Branco: poden ser tanto homes ou mulleres que ocupan unha posición intermedia, inferior a das personaxes anteriores.

Aldeáns: ocupan o último eslavón da cadea e representan o grupo maioritario da sociedade e tempo ao que se refire.
O Camiño Portugués recorre o Concello de Vilaboa, podedes ver aquí este tramo do camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario