Este ano tíñamos todo preparado para o magosto, pero a causa das condicións climatolóxicas, tivemos que aprazar os xogos coas familias, algo que sentimos moito. Aínda así, o alumnado puido degustar as castañas asadas e manter viva a tradición do Magosto. Esperamos poder compartir pronto unha nova xornada de xogos e celebración cando o tempo o permita. Aquí vos deixamos algunhas fotos do día.


