... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

14 may 2026

ROMARÍA DAS LETRAS 2026

A nosa escola volveu encherse de música, xogos e tradición coa celebración da Romaría das Letras, unha xornada moi especial para compartir e festexar a nosa lingua e cultura. Ao longo da mañá gozamos de diferentes obradoiros e xogos: fixemos marcapáxinas, chapas e títeres valentes, ademais de participar en actividades tan divertidas como as carreiras de sacos, o micro estragado ou os xogos de mímica.

Foi un día para compartir, rir e seguir mantendo vivas as nosas tradicións entre grandes e pequenos. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e por acompañarnos unha vez máis nesta festa tan especial.

Aquí vos deixamos un vídeo con algúns dos mellores momentos da Romaría das Letras para que poidades revivir connosco esta fermosa xornada.

12 may 2026

MURAL LETRAS GALEGAS 2026

Con motivo da celebración das Letras Galegas, este ano adicadas a Begoña Caamaño, na escola quixemos render unha pequena homenaxe á forza das palabras, da memoria compartida e da cultura galega a través dun mural colectivo titulado “Os fíos da EEI Milladoiro”.

Como nas historias de Begoña Caamaño, os fíos invisibles da memoria, das palabras e dos afectos van tecendo vidas que se atopan e se recoñecen. Neste mural, cada rostro é unha páxina viva, cada fotografía un anaco da nosa historia compartida.

Entre as imaxes discorren os fíos que nos unen: a convivencia, o coidado, a aprendizaxe e, sobre todo, a lingua e a cultura galega, esa tea fonda que nos sostén e nos dá nome. Son os fíos das letras galegas, das voces herdadas e das palabras que continúan facendo comunidade.

Porque a lingua é casa, é encontro e é memoria. E a cultura que compartimos é o tear no que se enlazan as nosas diferenzas para formar algo común e fermoso.

Cada foto conta unha historia. Cada fío garda un vínculo. E entre todas e todos, coa forza da palabra e da cultura galega, tecemos a escola que somos.


ACTUACIÓN C´ORQUESTRA PANTASMA

Dentro do programa do Modo Galego,  venres pasado tivemos a sorte de contar coa actuación da C´orquestra pantasma na escola, unha actuación que nos fixo bailar e cantar moito, como desfrutamos!



4 may 2026

LETRAS GALEGAS. BEGOÑA CAAMAÑO!

Coa semana previa ás letras galegas, preparamos o podcast Contos nas Ondas como homenaxe a Begoña Caamaño. Por un día creamos Radio Miudiña na escola EEI do Milladoiro para transmitir a historia da homenaxeada deste ano nunha das súas facetas como locutora. Agardamos gocedes do programa.

23 feb 2026

DÍA DE ROSALÍA: Rosalía no mundo!

Un ano máis sumámonos á celebración do Día de Rosalía de Castro para render homenaxe á nosa poeta máis universal.

Este curso quixemos poñer o foco na dimensión internacional da súa obra, dándolle por título “Rosalía no mundo”. A través deste traballo descubrimos como a súa voz traspasou fronteiras e chegou a distintos países, converténdose nun símbolo da cultura galega máis alá da nosa terra.

A partir desta idea realizamos un vídeo que recolle eses lugares aos que chegou a súa palabra. O vídeo vai ser presentado na gala organizada polo Concello de Ames este luns 23 de febreiro.

A continuación deixamos o vídeo realizado e unha imaxe do mural que temos exposto no corredor do centro:Final del formulario


6 feb 2026

PECHE MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Un ano máis chegamos ao remate do programa Modo Galego: Actívao, unha experiencia chea de retos e aprendizaxes na que o galego foi protagonista do noso día a día. Os nenos e nenas amosaron o seu entusiasmo e compromiso por aprender, usar e compartir a nosa lingua.

Para pechar esta edición, celebramos xuntos cun gran baile cheo de ritmo e alegría da man de As Maianas, artistas de Ames que nos fixeron gozar coa súa música.

Despedímonos lembrando que todas e todos somos parte fundamental na defensa da nosa lingua. Animamos ás familias a seguir empregando o galego cada día, porque é a nosa identidade.

💙 COIDAR O GALEGO É COIDAR O QUE SOMOS 💙

ACTUACIÓN DO ALUMNADO COAS MAIANAS

3 ANOS C


31 ene 2026

SEMANA 3: MODO GALEGO, ACTÍVAO

Estamos chegando ao remate do programa Modo Galego, Actívao!, unha iniciativa que, ao longo destas semanas, encheu as aulas de creatividade, participación e, sobre todo, de moito galego. O alumnado implicouse con ilusión en cada un dos retos propostos, demostrando que a nosa lingua está moi viva cando se usa, se comparte e se goza.

Mesmo na recta final, o entusiasmo non decaeu e seguimos activando o galego con enerxía e orgullo. Os máis cativos e cativas, sorpréndennos unha vez máis amosándonos como superaron os últimos retos.

Desde aquí queremos agradecer a participación de toda a comunidade educativa, rematamos Modo Galego, Actívao!, pero continuamos, día a día, a vivir e sentir o galego dentro e fóra da aula.

AULAS 3 ANOS

 3 ANOS C




3 ANOS A

AULAS 4 ANOS



AULAS 5 ANOS A E C


5 ANOS B

23 ene 2026

SEMANA 2. MODO GALEGO, ACTÍVAO! 3 ANOS

Nesta nova semana seguimos facendo do galego a lingua protagonista das nosas rutinas, xogos e descubrimentos. A través de contos, bailes e pequenas actividades, os nenos e nenas de 3 anos continúan achegándose á nosa lingua dun xeito natural, divertido e cheo de emocións.

Cada día é unha oportunidade para escoitar, falar e gozar do galego, fortalecendo a súa presenza na aula. Seguimos activando o galego con moita ilusión, paso a paso e con grandes sorrisos. 💙




3 ANOS A





3 ANOS C



SEMANA 2. MODO GALEGO, ACTÍVAO! 4 ANOS

Na segunda semana do Modo Galego, o alumnado de 4 anos seguiu afondando no uso da nosa lingua a través de actividades cheas de curiosidade e participación. Falamos de lugares e países que nos gustaría coñecer, compartindo ideas, palabras e soños en galego.

Ao longo da semana tamén recuperamos xogos tradicionais e realizamos actividades que nos permitiron expresar, xogar e comunicarnos na nosa lingua dun xeito natural e divertido.

Seguimos activando o galego día a día, con ilusión, participación e moitas ganas. 💙


SEMANA2. MODO GALEGO, ACTÍVAO! 5 ANOS

Nesta segunda semana seguimos activando o modo galego a través do xogo e da imaxinación. Falamos dos países que nos gustaría visitar, deixando viaxar as nosas ideas como unha pequena semente de bidueiro que percorre o mundo. Tamén xogamos coas buxainas e puxemos o toque máis creativo facendo tatuaxes para fachendar do galego.

Os cativos e cativas de 5 anos déixannos unha pequena mostra do traballo realizado, demostrando que aprender galego tamén é xogar, soñar e divertirse.

Seguimos activando o galego! 💙


5 ANOS B

16 ene 2026

SEMANA 1: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 5 ANOS

Nas aulas de 5 anos comezamos sentindo que a cor do galego é o azul. Por iso, o primeiro reto foi vir cunha peza de roupa azul e cunha folla de carballo, símbolo da nosa terra e da nosa identidade.

Nos días seguintes, o galego seguiu moi presente: trouxemos froitas ás aulas e inventámoslles nomes, demostrando creatividade e imaxinación na nosa lingua, e tamén nos convertimos en pequenos e pequenas meteorólogas facendo a previsión do tempo en galego.

Unha semana chea de aprendizaxes, participación e compromiso co noso idioma.

RETOS DAS AULAS DE 5 ANOS


AULA 5 ANOS B




SEMANA 1: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 4 ANOS

As aulas de 4 anos tamén se sumaron con entusiasmo ao modo galego, participando nos retos diarios e empregando o galego nas actividades da aula.

Con ilusión e ganas, demostraron que o galego forma parte do seu día a día e que tamén se aprende xogando e compartindo.

SEMANA 1: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 3 ANOS

Despois de asinar os compromisos lingüísticos en todas as aulas, demos comezo á primeira semana do modo galego, afrontando os retos diarios.

Ao longo desta semana o alumnado participou activamente nas distintas propostas que nos axudaron a valorar o galego como parte da nosa vida. Mirade que comprometidas están as aulas, mesmo as de 3 anos, participaron con ilusión nos retos semanais e demostraron que o galego é un tesouro que se coida desde ben pequeniños e pequeniñas.

Seguimos avanzando, reto a reto, co galego activado.



AULA 3 ANOS C





12 ene 2026

MODO GALEGO, ACTÍVAO!

Co comezo do segundo trimestre, volta á escola o MODO GALEGO, ACTÍVAO! un proxecto de investigación-acción deseñado e desenvolto pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e coa participación da comunidade educativa. 

Como en anos anteriores comezamos asinando un acordo de compromiso lingüístico en todas as aulas. Para seguir este programa podedes entrar na seguinte ligazón, que se actualiza diariamente mentres duran os retos: MODO GALEGO, ACTÍVAO! 


8 ene 2026

QUE SERÁ SERÁ...?

Hoxe apareceu un cofre no corredor. Non se abre, pero chama a atención.

Este luns, algo vai acontecer. Estamos a piques de activar algo grande.