... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

26 jun 2014

Milladoiro


Pola nosa escola pasan centos de nenos e nenas que, polo xeral, permanecen tres anos e logo marchan para iniciar a Educación Primaria noutros centros.

Neste remate de curso dimos inicio ao que esperamos se converta nunha nova tradición: o recordo de cada promoción a través dunha intervención escultórica.


O Milladoiro, onde está a escola, é o último paso do Camiño Portugués antes da chegada a Compostela. 
De feito o nome desta localidade dise que vén de:
 
- Da derivación de “humilladoiro”, lugar onde os peregrinos se postraban perante a visión no horizonte das torres da catedral tras un longo e dificultoso camiño.

- Hai quen di que de “miradoiro”, lugar desde onde se avistaba Compostela. 

- Milladoiro de pedras onde os peregrinos desde tempos ancestrais deixaban unha pedra. 


A día de hoxe, ducias de peregrinos pasan por diante do centro, e mesmo entran para selar a súa credencial, sendo para o noso alumnado algo cotiá ver pasar grupos de peregrinos a pé, a cabalo ou en bicicleta, e mesmo os saúdan con alegría. 

Pero poucos camiñantes saben da orixe do Milladoiro, levando a impresión de que é a típica poboación dun polígono industrial. 

É non podemos esquecer que o curso pasado estivemos investigando sobre o Camiño Portugués.


25 jun 2014

Festa fin de curso



O derradeiro día do Curso escolar. Festa no patio da escola con todo o profesorado e alumnado para despedir o curso escolar 2013-2014.

23 jun 2014

Festa de fin de promoción


Celebrouse un Festival para despedir o alumnado do terceiro nivel, que remata este ano nesta escola . Houbo actuacións diversas, despedida de país e alumnado, entrega de diplomas e unha merenda de convivencia entre mestres, familias e alumnado.!

11 jun 2014

As rúas da nosa localidade



O traballo de coñecemento da propia contorna é previo a calquera outra saída didáctica que se poida facer co alumnado de infantil. Co cambio do tempo, de estación, da paisaxe e decidímonos a coñecer un pouco máis o que temos ao noso carón. 


Na localidade na que traballamos, O Milladoiro moitas das rúas, avenidas e travesías levan o nome de especies arbóreas e visten as beirarrúas: Palmeiras, Rúa Figueiras, Rúa Oliveira, Rúa Xesteira, Rúa dos Cereixos, Rúa Camelias, Rúa do Buxo, Rúa das Hedras, Rúa da Pereira, Rúa Codeseira, Rúa Castiñeiras, Rúa das Espiñas …



A toponimia galega está chea de referencias ao mundo vexetal.


Fixemoss chapas cos nomes  e colocámolas nos seus lugares correspondentes e démosllas a coñecer as familias e demais compañeiros/as do centro.

4 jun 2014

Liberando poemas VIII



Antón levou o seu poema á Muralla de Lugo.


Hugo e Noa quixeron compartir o seu poema.












Noa encontrou o poema na Ratiña Golosa do Milladoiro e deixauna en Ponte Maceira.





Noa encontrou outro poema no centro comercial.




E xa que estivo moi atenta, Noa, atopou outro no centro médico.



Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEMILLADOIRO

3 jun 2014

Liberando poemas VII






Jaime Fiúza dinos: "Mándovos unhas fotos do poema de Emilio Pita. Encontrino no pabellón deportivo de Os Tilos e deixeino colgado dunha oliveir na Praza da Oliveira de Santiago de Compostela. A investigar donde está esa plaza!!!.
Saúdos"

Nós non imos deixar pasar este reto. 


Se prememos na imaxe podemos ver a Praza da Oliveira en Google Maps.


Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

2 jun 2014

Liberando poemas VI




José Andrés Mesías dinos: "Ola, mando dúas fotos... atopei o poema na casa de Noa, no Milladoiro e deixeino no Parque del Buen Retiro, ó lado do Palacio de Cristal en Madrid."



Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO

1 jun 2014

Liberando poemas V




Natalia cóntanos que o encontraron na escola e levárono ao centro de saúde.



Xiana deixouno no parque de Curmáns, nun primeiro momento levouno a misa , mais despois de que moita xente a lese prefiriu sacalo ao sol... Esto cóntanolo Natalia no correo.



Zoe deixouno atado nunha farola.






Maitos56  enviou estas fotos e coméntanos: "Ola encontrei, camiñando esta mañá, posto nun mollón do camiño de Santiago a vosa nota coa poesía. Deixeina noutro tamén do camiño. Moito ánimo e sorte. Un saúdo".

Grazas pola vosa colaboración.
EDL EEI MILLADOIRO