... para non quedármonos coa palabra na boca, convidámolles a participar na normalización da nosa lingua.

26 jun 2014

Milladoiro


Pola nosa escola pasan centos de nenos e nenas que, polo xeral, permanecen tres anos e logo marchan para iniciar a Educación Primaria noutros centros.

Neste remate de curso dimos inicio ao que esperamos se converta nunha nova tradición: o recordo de cada promoción a través dunha intervención escultórica.


O Milladoiro, onde está a escola, é o último paso do Camiño Portugués antes da chegada a Compostela. 
De feito o nome desta localidade dise que vén de:
 
- Da derivación de “humilladoiro”, lugar onde os peregrinos se postraban perante a visión no horizonte das torres da catedral tras un longo e dificultoso camiño.

- Hai quen di que de “miradoiro”, lugar desde onde se avistaba Compostela. 

- Milladoiro de pedras onde os peregrinos desde tempos ancestrais deixaban unha pedra. 


A día de hoxe, ducias de peregrinos pasan por diante do centro, e mesmo entran para selar a súa credencial, sendo para o noso alumnado algo cotiá ver pasar grupos de peregrinos a pé, a cabalo ou en bicicleta, e mesmo os saúdan con alegría. 

Pero poucos camiñantes saben da orixe do Milladoiro, levando a impresión de que é a típica poboación dun polígono industrial. 

É non podemos esquecer que o curso pasado estivemos investigando sobre o Camiño Portugués.


No hay comentarios:

Publicar un comentario